Skip to Content

Lingua galega

EXAMES DE SETEMBRO

O alumnado coa asignatura de Lingua Galega e Literatura suspensa deberá presentar as actividades propostas durante o confinamento o mesmo día do exame de setembro.

1º ESO

1º ESO

Bo día.

Este ano a edición da revista escolar vai ser en formato dixital. Anímovos a colaborar con algún texto da vosa creación. Aproveitade as narracións que fagades a partir dos títulos que vos propoño.

O último día para enviar os vosos traballos é luns próximo.

Espero poder incluír un bo número deles na revista.

 

ACTIVIDADE:

-Escribe unha narración a partir  dun dos seguintes títulos: “O ramo de rosas”, “O piano vello”, “A taza de té”, “A carta”, “Beatriz”.

 

2ª ESO

2º ESO

 

Bo día.

Este ano a edición da revista escolar vai ser en formato dixital. Anímovos a colaborar con algún texto da vosa creación. Aproveitade as narracións que fagades a partir dos títulos que vos propoño.

O último día para enviar os vosos traballos é luns próximo.

Espero poder incluír un bo número deles na revista.

 

ACTIVIDADES:

-  Narración. Elixe un dos seguintes títulos: “Os netos do vello Pintos”, “O cadro”, “Silencio”, “Na noite”, “A cita”.

3º ESO

 

 3º ESO

 

Bo día.

Este ano a edición da revista escolar vai ser en formato dixital. Anímovos a colaborar con algún texto da vosa creación. Aproveitade as narracións que fagades a partir dos títulos que vos propoño, ou tamén algún fragmento do voso diario do confinamento, con algunha reflexión ou anécdota que consideredes interesante.

O último día para enviar os vosos traballos é luns próximo.

Espero poder incluír un bo número deles na revista.

 

ACTIVIDADE:

- Narración a partir dos seguintes títulos:

Esquecemento

O regreso

A mosca

Ti, non

Mal día

Onde estás?

 

4º ESO

4º ESO

Bo día.

Este ano a edición da revista escolar vai ser en formato dixital. Anímovos a colaborar con algún texto da vosa creación. Aproveitade as narracións que fagades a partir dos títulos que vos propoño, ou tamén algún fragmento do voso diario do confinamento, con algunha reflexión ou anécdota que consideredes interesante.

O último día para enviar os vosos traballos é luns próximo.

Espero poder incluír un bo número deles na revista.

 

ACTIVIDADE:

-  Narración a partir de un dos seguintes títulos:

Domingo

Sabes?

Na noite

O pacto

Hoxe cedo

Sen saída

1º ESO

1º ESO

  • Lectura e cuestionario de texto: “Feito a man en Galicia”. Páx. 134 (Tema 8)
  • Escribe unha narración con un dos seguintes títulos: “A mosca” ou “A casa da árbore”.

2º ESO

2º ESO

  • Lectura e actividades de comprensión do texto “ Boy” do arquivo que xunto.

3º ESO

3º ESO

  • Lectura e cuestionario do texto “Ribeira Sacra”. Páx. 192 (Tema 8)
  • Escribe unha narración con un dos seguintes títulos: “O canario” “Festa no xardín” “A muller do almacén” “A lección de canto” ou “A casa de bonecas”.

4º ESO

4º ESO

Actividades de revisión:

  • Lectura de O narrador e o punto de vista (páx. 36)
  • Comentario do narrador e punto de vista dos seguintes textos:

 

Todos os días, denantes de saír cara á clase de inglés, o meu pai entregábame un sobre grande e voluminoso para Mr. Bridge. Tamén todos os días me facía as mesmas advertencias:

-Vai dereito á casa de Mr. Bridge; non te entreteñas; non deixes que ningúen che colla o sobre- dicíame con gravidade, coutando con firmeza os meus intentos de impedir que continuara con aquela ladaíña que xa sabía de corrido.

X. Antonio Moreno. O cable inglés

 

Don Caetano era polo de entón un home de idade indefinible. Sempre fora un nugallán amorriñado. O que el dicía –“para iso son morgado”- cando de neno teimaban de lle facer debullar o latín. Pequeneiro de corpo, de pouco xenio, gastaba as horas mortas facendo solitarios ou paseando pola grande solaina de norte, que deixaba axexar por riba da muralla do patio o que se pasaba polo camino e na rectoral. O seu vivir era deixarse levar polo vivir do pazo (…) Gracias ás sabias disposicións e costumes dos antergos, as cousas figuraban facerse de por si, por unha vontade natural.

R. Otero Pedrayo. Os camiños da vida

 

Un día escapoulle o nome, Irene, pero Castro non nola presentou nunca. Cando dicía non, mañá non podo, teño algo que facer, e a man selaba como un carimbo o ar, sabíamos que ese algo era a tal Irene, que supuxemos inglesa ou irlandesa, pois el pronunciara Airin. E cantámoslle a vella canción que algunha noite animada pechaba a velada no Old Crow: Irene, good night!, Irene, good night!

Manuel Rivas. A man dos paíños

 

Ti, onte, fixeches o mesmo de tódolos días. Non sabes se vale a pena recordalo. Só quererías recordar, deitado alí, na penumbra da túa alcoba, o que vai suceder: non queres prever o que xa sucedeu. Na túa penumbra, os ollos ven cara adiante; non saben adiviñar o pasado.

Carlos Fuentes. La muerte de Artemio Cruz

 

  • Fonética: Vocalismo (páx. 16) Consonantismo (páx. 40-41)
  • Identifica os fonemas sinalados nas seguintes palabras:

Bola

Paisaxe

Can

Ramallo

Festivo

Che

So

Música

Ningunha

Distribuir contenido


by Dr. Radut