Skip to Content

3º ESO. LINGUA GALEGA E LITERATURA

Bo día a todos.

Neste período de permanencia forzosa na casa, propóñovos que destinedes un tempo á lectura e a levar un diario persoal destes días de encerro que, seguro, non esqueceremos nunca. Como texto inspirador, transcribo un fragmento do poema de Kitty O´Meara que está circulando moito na rede:

 E a xente quedou na casa.

 E lía  libros, e escoitaba.

 E descansaba e facía exercicio.

 E creaba arte e xogaba.

 E aprendía novas formas de ser,

 de estar quieta.

 E escoitaba máis profundamente.

 Algúns meditaban,

 algúns rezaban,

 algúns bailaban.

 Algúns atoparon as súas sombras.

 E a xente comezou a pensar de forma diferente.

 

Quizais vos anime a escribir algún relato, poema ou  algunha reflexión persoal.

Por outra parte, deíxovos un texto para que traballedes con el, escribindo un comezo e unha continuación, ou só un final.

 

Daniela e meu pai están no salón xogando a súa partida da tarde. É un acto que se repite cada día, desde que a nena comprendeu o mecanismo e a finalidade do xadrez. Ata hai só dous veráns era eu quen ocupaba o lugar de Daniela, pero se ve que meu pai xa estaba canso da miña cara e, por que non dicilo, de que eu gañase case sempre. (…)

Polo que vin hai un momento, ao levarlles unha limoada para combater a calor do verán bonaerense, Daniela está en disposición de vencer hoxe a seu avó por primeira vez.

Ricardo Menéndez Salmón, Ceremonia. Los caballos azules

 

Nos próximos días volverei con outras propostas.

Ánimo e coidádevos moito.

Un saúdo.



page | by Dr. Radut