Ola a todos.
Estes días na casa ofrecen a posibilidade de mellorar a lectura e a escritura, dúas actividades prioritarias que podedes traballar vós de forma autónoma.
Propóñovos ler, diariamente, en silencio e en voz alta (buscade calquera tipo de texto que sexa do voso interese) e escribir un diario destes días de encerro forzoso: podedes comezar recordando esta semana que pasou para, a partir de agora, escribir día a día. Ademáis , déixovos un texto para que escrivades seguindo as indicacións que vos marco.
A HISTORIA DA MULLER QUE QUERÍA ESTAR SEMPRE MÁIS DELGADA
Había unha muller empeñada en estar delgada. No almorzo soamente tomaba unha cullerada de requeixo desnatado e unha taza de infusión adelgazante. Despois ía ao despacho. Alí, na pausa do mediodía, lía unha receita do seu libro de cociña para adelgazar. Cando tiña moita fame podía ler incluso dúas receitas. Con iso era abondo.
Para a cea preparaba unha ensalada de pastillas para adelgazar, con sal e zume de limón. Os domingos engadíalle un pouco de mostaza á súa ensalada de pastillas.
A muller quedou moi delgada. Pero quería estar máis delgada aínda.
Unha vez, na pausa do mediodía, volveu ler o seu libro de cociña para adelgazar. Estaba un pouco cansa e quedou durmida, e o libro cerrouse de súpeto. Pouco despois, os compañeiros regresaron do comedor. Ao principio só distinguiron o libro sobre o escritorio. Despois atoparon a muller: estaba de marcapáxinas entre a 48 e a 49.
Úrsula Wölfel, 29 historias disparatadas.
- Lectura atenta do texto
- Sinónimos de : cansa, pastillas, delgada; son palabras que se repiten.
- Crea unha historia disparatada. Pon atención ao final da historia para que resulte inesperado ou humorístico, e ao título para que non rompa a sorpresa.
Seguirei propoñendo outras actividades.
Coidádevos moito.
Un saúdo