Skip to Content

Tercer Ciclo

XOGOS POPULARES NO COLE

O martes 5 de marzo de 2024, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria participaron nunha xornada de xogos populares organizada pola asociación XOGADE (Xogos Galegos Deportivos en idade Escolar).

O responsable da actividade, Lito, ensinoulles distintos xogos tradicionais da nosa provincia como por exemplo: a porca (ou pino), o chourizo envelenado, o submarino e o cazador

Foi unha mañá moi entretida onde a rapazada coñeceu un pouco máis das tradicións da súa contorna.

Visitando Celanova

Con motivo da exposición Mujeres ante la guerra, organizada pola Cruz Vermella,  o alumnado e mais os titores do 3º ciclo de Primaria visitamos Celanova, Vilanova dos Infantes e Castromao.

No auditorio de Celanova fomos recibidos por Nuria que nos explicou o labor humanitario desenvolvido pola Cruz Vermella nos distintos países en conflito. Vimos as condicións infrahumanas nas que viven as mulleres e escoitamos os seus testemunos. Que sorte temos por poder gozar da nosa familia!

Aproveitando que estamos a estudar a nosa Historia, fumos á torre de Vilanova onde amablemente Eva nos deu toda clase de explicacións sobre os nosos antepasados. Tamén nos recibiu o párroco de Vilanova que nos amosou a Virxe do Cristal e nos expliou a lenda de Curros Enríquez.

Para rematar a xornada subimos ao castro de Castromao.

Distribuir contido


by Dr. Radut