Skip to Content

Novas

TEATRO EN OURENSE

O martes 12 de marzo de 2024 os rapaces e rapazas de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria asistiron a unha obra de teatro no auditorio de Ourense. A compañía "Os náufragos" interpretou Hugo que obtivo o Premio María Casares ao mellor espectáculo para público infantil e familiar no 2022.

Esta obra aborda o tema do trastorno autista na infancia dende a empatía, a sensibilidade e a beleza de ser diferentes.

Despois da sesión teatral, houbo tempo de pasear polo casco vello de Ourense e descubrir a catedral e as Burgas.

Un día cheo de cultura e diversión!

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O venres 8 de marzo de 2024 o alumnado rendeu homenaxe a unha chea de mulleres importantes nas súas vidas a través destas pegadas expostas no vestíbulo do centro. 

 

XOGOS POPULARES NO COLE

O martes 5 de marzo de 2024, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria participaron nunha xornada de xogos populares organizada pola asociación XOGADE (Xogos Galegos Deportivos en idade Escolar).

O responsable da actividade, Lito, ensinoulles distintos xogos tradicionais da nosa provincia como por exemplo: a porca (ou pino), o chourizo envelenado, o submarino e o cazador

Foi unha mañá moi entretida onde a rapazada coñeceu un pouco máis das tradicións da súa contorna.

ADMISIÓN ALUMNADO 2024/2025

ÁBRESE O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2024/25

 Adxuntamos os impresos en galego e castelán.

DEPUTADOS POR UN DÍA

O martes 27 de febreiro de 2024 o alumnado de Primaria visitou o Parlamento de Galicia en Santiago e participou na actividade de "Deputados por un día" da ONG Aldeas Infantiles.

Foi unha grande experiencia para os rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria que ocuparon os escaños dos deputados e puideron participar nunha sesión parlamentaria onde eran os protagonistas. Ariadna (6º de Primaria) presentou con moito xeito os nosos compromisos para unha sociedade máis solidaria. Escoitamos tamén as propostas dos outros colexios. 

E pola tarde visitamos o casco vello de Santiago e o parque da Alameda coa escultura das Dúas Marías. 

 

 

 

 

Máis información nestas ligazóns: 

 

Santalices agradece a “conciencia ambiental” do estudantado - Parlamento de Galicia 

 

 Alumnos de Primaria votan como 'diputados' en el Parlamento de Galicia para defender la solidaridad y la inclusividad (europapress.es)

 

 

 

DÍA DE ROSALÍA - 23 DE FEBREIRO DE 2024

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA CO CALDO DE GLORIA!

O primeiro prato do menú do xantar deste venres 23 de febreiro foi unha homenaxe ao Caldo de Gloria de Rosalía. Previamente, o alumnado realizou o seu gardamantel coa poesía da poetisa e ilustrouno ao seu gusto.

 

ENTROIDO 2024

Por fin chegou o día do Entroido no cole. Alumnado, profesorado e persoal non docente entregaronse por completo á festa o pasado venres 16 de febreiro. Pais, nais e curiosos acudiron á Praza maior de San Roque para aplaudir as distintas actuacións segundo o estilo musical de cada grupo: tuna, rock&roll, disco, rancheira, hip hop, hard rock... Foi todo un espectáculo! 

 

 

 

 

 

 

DÍA DA PAZ 2024

O martes 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz e da Non Violencia. Os rapaces e rapazas de Infantil e Primaria reunironse no patio para cantar cancións e ler unha mensaxe que atamos a un globo en forma de pomba. O lanzamento foi un grande éxito! Onde irá aterrar a nosa pomba???

 

 

SAÍDA ECOLÓXICA

O venres 26 de xaneiro pola mañá, os rapaces e rapazas de 3º de Primaria ata 4º da ESO saíron do colexio para recoller lixo ao redor do noso centro. Aproveitamos tamén a ocasión para identificar árbores e plantas da contorna e recoller algunhas mostas delas para logo realizar un herbario nas aulas.

Una xornada moi beneficiosa onde todo o mundo tomou conciencia da importancia de manter limpos os nosos bosques.

 

 

ACTIVIDADE FÍSICA PARA MAIORES

Grande éxito o pasado xoves 25 de xaneiro coa primeira sesión de actividade física para maiores no noso pavillón!

O alumnado de 4º da ESO organizou a clase baixo a supervisión do seu profesor de Educación Física e as catro participantes acabaron a sesión moi contentas e con ganas de repetir.

Distribuir contido


by Dr. Radut