Skip to Content

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO

O día 11 de Novembro, todos os alumnos do centro C.P.I Padrenda - Crespos celebraron o magosto no campo da Bandexa.

Foron camiñando e ao chegar prepararon os xogos populares e todo o demais.

A comida estivo exquisita e as castañas deliciosas!

Os xogos foron moi divertidos!

Os alumnos de 4º da ESO puxeron un bar para recadar diñeiro para a súa viaxe de fin de curso.

Fíxose tamén unha carreira solidaria onde cada persoa aportaba unha cantidade de diñeiro e corría, para así axudar aos nenos necesitados. 

  

Os xogos 

Os xogos comezaron cando todo o alumnado subiu ata o campo da Bandexa.

Despois de que os rapaces descansaran pola camiñada, fíxose a carreira benéfica e máis tarde comezaron os xogos.

Todos os foron montados polos alumnos de 3º da ESO que tamén se encargaron de explicalos cando os grupos de rapaces ían cambiando de xogos. Todo se fixo igual que nos anos anteriores.

Por cada xogo había unha ou dúas persoas encargadas de explicalo.

 

Algúns dos xogos foron os seguintes: 

O demo          

 

 

Os zancos                        

 

As cometas    

 

 

Saltar á corda   

 

 

A castaña       

 

 

 

Tiro ao cono         

 

 

Tirar da corda     

 

Despois dos xogos...

Despois de que os rapaces de todos os cursos acabaran de xogar aos xogos populares montados polos alumnos de 3º da ESO, foron comer a nosa comida típica de Magosto: empanada e bolo preñado.

Ao acabar de comer os nenos aproveitaron para xogar un rato máis cos xogos mentres se asaban as castañas e varios profesores e alumnos se poñían ao redor do profesor de música, Roberto, que nos tocou unhas cancións coa gaita.

Os alumnos xogaban e comían castañas asadas e intentaban pintar á maioría dos profesores, con éxito, por suposto.

 

Foi un magosto moi divertido onde todos os alumnos e profesores o pasaron ben.

 

 



page | by Dr. Radut