Ante a situación de obriga do peche dos Centros Educativos coa finalidade de evitar posibles contaxios ante o virus e coa consecuencia do obrigado confinamento dos escolares nos seus fogares, as familias deberán organizarse ante esta excepcional situación, de maneira que este confinamento non repercuta negativamente na evolución académica, emocional e persoal do alumnado. Por elo, dende o CPI Manuel Suárez Marquier, suxerimos unha serie de pautas a seguir,coa finalidade de poder normalizar, na medida do posible, esta situación, de xeito que poidamos entre tod@s darlle continuidade á actividade formativa do noso alumnado e non xerar cadros de ansiedade ou pasividade no alumnado.