A formación dun coro escolar é un proxecto común, o de gozar cantando valéndose do instrumento máis persoal e apaixoante que existe: a voz.

O noso coro comezou no curso 2008 – 2009 e está integrado por unha representación de mestres e alumnos de primaria e de secundaria. O seu repertorio é aberto e pode variar segundo os intereses do coro: música pop, tradicional, clásica…

A maior satrisfacción é facer ben as cousas e isto pasa por unha forte dose de empeño, entusiasmo e traballo. Ao final xorde unha obra musical ben montada que agrada o alumnado e emociona o público cando é interpretada.

Fernando Sequeiros Gómez, profesor de música da ESO


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.