Charla: Que non te líen, ti elixes! - Alumnado 4.º ESO
Venres, 24 de novembro de 2023
Hoxe o noso alumnado de 4.º ESO participou no Programa "Que non te líen, ti elixes" da Xunta de Galicia, centrado na orientación vocacional con perspectiva de xénero.
Achegáronnos experiencias persoais de mulleres que traballan en campos profesionais tradicionalmente masculinizados e a súa traxectoria educativa e profesional co obxetivo de seguir rachando cos estereotipos de xénero na elección vocacional.
Foi una experiencia moi enriquecedora.
Actividade organizada polo Departamento de Orientación.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |