Monte Santa Trega: 1.º ESO B + 3.º ESO B

Venres, 26 de maio, 2023.

Hoxe foi a quenda do alumnado de 1.º ESO B e do alumnado de 3.º ESO B da materia de Proxecto Competencial.

Na ruta do Monte Sta. Trega fixeron varias paradas onde o alumnado de Proxecto Competencial expuxo o seu traballo relacionado coa historia do Monte Santa Trega, os castros e a tradición pesqueira da Guarda.

Visitaron o museo onde o alumnado de 3.º ESO B foi o encargado de explicar as pezas do museo.

Durante o traxecto de subida, entregouse ao alumnado de 1.º ESO B unhas tarxetas identificativas de animais e plantas (elaboradas polas alumnado de Proxecto Competencial) para que tratase de atopalos e obter recompensas.

Actividade organizada polo departamento de Educación Física de ESO, Adrián Lomba, e a profesora de Proxecto Competencial, Raquel Corchero.

 

 

Álbum: 2022-2023 -> Sta. Trega: 1º ESO B - 3º ESO B


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.