Exposición: Atopados. As fosas de San Xián

Martes, 16 de maio, 2023

No mes de abril de 2009 o Instituto de Estudos Miñoráns procedeu á apertura de tres fosas comúns de vítimas da persecución franquista. Dúas delas localizadas no cemiterio de San Xián, no Concello do Rosal.

Hoxe foi o derradeiro día no que o alumnado puido coñecer un pouco máis a historia dos que alí foron atopados, seguindo os paneis sobre a historia e as excavacións.

O pasado luns 8 de maio o alumnado de 4.º ESO tivo a sorte de contar coas explicacións de Carlos Méixome.

Álbum: 2022-2023 -> Exposición: Atopados - As fosas de San Xián


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.