Fútbol gaélico: 2.º e 4.º ESO
Xoves, 25 de maio, 2023.
Esta semana o alumnado de 2.º e 4.º de ESO asistiu no Campo de Fútbol da Mata a unha formación de fútbol gaélico.
O fútbol gaélico é un deporte de orixe irlandés, sendo un deporte no que se poden ver accións de diferentes deportes como o fútbol ou o rugby.
O obxectivo da formación foi coñecer o deporte e tamén que o alumnado teña a oportunidade de poder practicar e unirse aos diferentes clubs de fútbol gaélico da contorna na que viven.
Actividade organizada polo departamento de Educación Física de ESO.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |