Eduemprende: Finanzas para mortais (4.º ESO)

Xoves, 30 de marzo, 2023.

Hoxe o alumnado de 4.º ESO das materias de InAEE (Iniciación á actividade emprendedora e empresarial) e Economía recibiu unha charla impartida por Logan e Lorena, persoal voluntario do Banco Santander, sobre como xestionar as súas contas bancarias . 

Esta actividade pertence ao programa Eduemprende "Finanzas para mortais", dirixida para conseguir un avance na cultura financeira do alumnado, coñecemento necesario para emprender negocios minimizando riscos económicos...

Algúns dos temas tratados foron as tarxetas bancarias, o cambio de moeda e o uso de tarxetas no estranxeiro, as comisións bancarias... mañá terá lugar a segunda sesión desta actividade.

 

Álbum: 2022-2023 -> Eduemprende: Finanzas para mortais (4.º ESO)


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.