FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO (CURSO 2021/22)

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

CURSO ESCOLAR 2021/22

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

Do 21 de maio ao 22 de xuño de 2021 (ambos incluidos).

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2021/22.

No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación fondolibros, será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno aínda que estean no mesmo centro.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática "fondolibros" a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

DOCUMENTACIÓN:

Anexo I (debidamente cuberto e coa documentación complementaria necesaria: copia do libro de familia, certificado acreditativo do grado de discapacidade, violencia de xénero...)

Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

Se quere descargar o modelo de solicitude, prema AQUÍ.

 

Para consultar a Orde do DOG, prema AQUÍ.

Para consultar o extracto da Orde do DOG, prema AQUÍ.

 

Actualizado:

Domingo, 26 Septembro, 2021 - 22:12


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.