SOLICITUDE DE PRAZA, CURSO 2021-2022
Proceso de SOLICITUDE de praza para o vindeiro curso para novo alumnado procedente doutro centro educativo (excepto alumnado do CRA María Zambrano, centro adscrito).
PRAZO: Do 1 ao 22 de marzo de 2021, ambos incluídos.
LUGAR: A solicitude deberase presentar no centro educativo solicitado en primeiro lugar. O alumnado matriculado neste centro ten garantida a súa permanencia, polo tanto, o cambio de curso non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro.
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opcións descritas a continuación:
- Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro. Impreso facilitado polo centro que tamén se pode descargar aquí.
- Cubrir a solicitude informaticamente e presentala asinada de xeito manual no centro. Enlace.
- Cubrir a solicitude informaticamente e asinala ne Sede Electrónica. Enlace.
A relación provisional de admitidos publicarase antes do 25 de abril.
A relación definitiva de admitidos publicarase antes do 15 de maio.
Soamente se amosarán nos taboleiros do interior do centro educativo. Non está permitida a súa publicación na páxina web ou nas cristaleiras do centro educativo. Tamén se poderán consultar a través de aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moneda e Timbre.
Actualizado:
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |