Solicitude para axuda de Máscaras

Solicitud mascaras

 

Non ten que presentar solicitude: O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021. Pódese consultar aquí a listaxe de alumnado admitido actualmente.

 

Prazo de presentación da solicitude: Do 16 ao 27 de novembro de 2020.

 

Deberán presentar solicitude os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resoltou excluído. 

 

Ten que presentar solicitude o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

  • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6 000 € (para calcular a renda per cápita: Sumas as casillas 432 e 460 da declaración da renda e o total dividilo entre o número de membros da unidade familiar).
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

Documentación a entregar:

  • Anexo I e Anexo II. Tamén dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • Copia do lbro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor. Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algúns dos seguintes medios: 1.º Certificado ou volante de convivencia; 2.º Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
  • Certificado do grao de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
  • No caso de situación de violencia de xénero no ámbito familiar documentación xustificativa.
  • No caso de que os proxenitores carezan de DNI ou NIF: Certificado de convivencia, volante de convicencia ou informe de Servizos Sociais ou equivalente.

 

Consulta de información no DOG Núm. 230 do 13 de novembro de 2020.

 

 

Actualizado:

Luns, 16 Novembro, 2020 - 11:47


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.