Experimentos con maizena

Martes, 26 de novembro, 2019

O martes 26 de Novembro celebramos no laboratorio de Primaria situado na biblioteca do centro a última sesión deste mes adicada á realización de actividades para acercar as diferentes disciplinas científicas aos nenos.

Neste caso contamos coa colaboración de estudantes de 5º e 6º de Primaria que realizaron dous experimentos sinxelos que podedes poñer en práctica nas casas.

O primeiro deles foi a realización dunha cromatografía para separar as compoñentes da tinta de rotulador (negro fundamentalmente pero tamén violeta, verde, laranxa). Con papel de filtro, auga e unha culleradiña de sal, o resultado foi moi vistoso.

A segunda experiencia foi a preparación dun fluido non newtoniano mesturando fariña de millo, Maizena, con agua. Hai que engadir auga pouco a pouco e remover forte porque ides notar como a masa se vai endurecendo: O resultado é unha pasta que presenta un aspecto líquido pero que se comporta como un sólido cando o amasas. A aplicación de diferente presión sobre a masa vai cambiando as súas propiedades. É un experimento moi sinxelo pero moi entretido, e ademais sorprende porque rompe co esperado respecto ao comportamento dun sólido plástico común como a masa de pan ou a plastilina.

Agradezo o entusiasmo dos nenos e a colaboraciön dos integrantes do Departamento de Matemáticas en todo o proceso.

E anímovos a que xoguedes con estes experimentos porque son válidos para espertar a sorpresa en nenos e maiores.

Álbum: ACTIVIDADES 2019-2020 -> Experimento maizena


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.