O día 16 de Xaneiro do 2018 veu o científico Anxo Carracedo ao Rosal a inaugurar o noso laboratorio de Primaria. Como mostra do recoñecemento decidiron chamarlle laboratorio Anxo Carracedo. Cando chegou levouse unha sorpresa no laboratorio, porque estabamos nós, os nenos de 4ºA, facendo experimentos. Anxo ensinounos un experimento sacando o ADN dun plátano e dunha mazá. Despois na Mata fíxose un acto de inauguración do laboratorio. Nico P. e Bruno |
|
Anxo Carracedo veu inaugurar o laboratorio de Primaria do CPI e levouse unha gran sorpresa ... porque os rapaces/as de 4ºA de Primaria estabamos facendo cromatografía! Leire e Lucía |
|
Despois ensinounos a quitarlle o ADN dun plátano
utilizando fairi, un platano, alcol, tubos de ensaio, unha trituradora, un coador e unha lata de piña. Collemos una xarra e metémoslle auga, metemos una mazá e non se trituraba e collemos un plátano e triturouse. Collemos uhna lata de piña e remexemos e botamos un pouco de fairy. Remexemos outra vez e botamos nun tubo de proba. Esperamos e saiu o ADN. Despois os profes o alcalde, Ángel Carracedo, o inspector e o director foron a biblioteca a inaugurar o laboratorio mentres nos merendabamos. Miriam e Nayara. |
|
Máis tarde fixemos a merendola na clase e mais logo fomos nun mini autobús ao auditorio do Rosal noque escoitamos unha charla... Na charla vimos a vida de Anxo Carrecedo e tamén as preguntas que preparamos para Anxo Carracedo. As preguntas as preguntaban Nayara de 4ºA, Ángela de 6ºA e Andrea de 4º da ESO. Foi unha experiencia inolvidable! Telmo e Manu |
|
Démoslle unha sorpresa a Anxo. Cando chegou estabamos facendo cromatografía. A el gustoulle vernos alí facendo experimentos e tamén el nos fixo un experimento que consistía en quitarlle os xenes a unha mazá e un plátano. Foi impresionante! Logo deu unha pequena charla na biblioteca, mentras nos merendabamos. Despois, no auditorio puxemos un vídeo sobre el e nos contou a súa vida. Xoel e Cibrán |
|
Despois Anxo destapou un unha placa co seu nome para inaugurar o laboratorio mentres merendabamos e marchamos ao auditorio para facerlle unhas preguntas e para que dera un discurso de como é ser cientifico. Rubén y Diego |
|
Logo Nayara de 4º, Ángela de 6º, Andrea de 4º da ESO e un pai fixéronlle preguntas a Anxo Carracedo. Logo déronlle un lote de produtos e o director estivo con el e díxolle que podiamos ir cando queiramos a Santiago para ir ao laboratorio.
Alba e Sheila |
|
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |