O xoves 8 de febreiro de 2018 foi o entroido na Mata. O entroido é unha festa que se celebra todos os anos na Mata e é moi divertido. Ás 10:40 da mañá collemos a caixa de disfraces na que había partes de disfraces e accesorios. puxémola enriba dunha mesa que tiña dous aguxeiros e nos puxemos en fila para sacar a boleo as partes dos disfraces e acesorios. Logo o que nos tocou o podiamos cambiar con outro compañeiro e despois nos disfrazamos co que tiñamos. Un pouco despois fomos andando ao Calvario e alí bailamos un pouco mentres Xose Manuel dirixía unha banda do colexio que eran os nenos da ESO. Logo volvimos para a Mata e fomos ao patio disfrazados.

Miriam e Soraya

 

As nenas e nenos de primaria difrazáronse locamente. Nós tiñamos unha caixa con dous buratos polos lados. Tamén tiñamos que meter a man polos buratos e o que te tocara o poñiías, como gafas, vestidos, tutus, pelucas... Cando estabamos vestidos salímos do colexio ata o Calvario.

Laura y Lucía

 

 

Uns días antes do entroido fixemos un baúl na clase e alí iamos metendo roupa, complementos etc.

O día 8 de febreiro vestímonos coas cousas que trouxemos, metendo a man por uns buratos sen mirar.

Logo vestímonos e fomos andando con música ata o Calvario.

Ali habia nen@s tocando e tamén bailamos.

O volver saímos ao recreo e na biblio había caraoque.

 ALBA E LEIRE

 


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.