Hoxe, 23 de xaneiro, contaremos cunha charla-obradoiro dunha das expertas máis cualificadas en Galicia sobre altas capacidades, Carmen Pomar Tojo, titulada "O triángulo máxico das altas capacidades".

Terá lugar na BIBLIOTECA, de 17:00h a 19:00h.

No seo das reunións semanais do equipo de Orientación, no que participa profesorado específico do Departamento, así como representantes das dúas etapas educativas do CPI, xurdiu en diversas ocasións, e como resposta a casos concretos de alumnos e alumnas das nosas clases, a necesidade de procurar formación sobre este tema, e, de maneira especial sobre as respostas educativas que este alumnado precisa.

Por ese motivo decidimos, dende ese grupo de compañeiros, contactar cunha persoa especializada para aportarnos pautas teórico-prácticas.

Facemos este convite extensible a colegas doutros centros da contorna, así como a familias puntuais, que teñen fillos e fillas con estas características, e desexen aproveitar esta ocasión para recibir información de primeira man.

Dando resposta ao Decreto de atención á diversidade, agardamos que esta formación nos axude a todos/as a coñecer mellor as claves de intervención para atender as diferenzas do noso alumnado.

 

CARMEN POMAR é Directora da Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades, da Universidade de Santiago de Compostela.

Profesora de Educacion Emocional, intelixencia Emocional, Altas Capacidades, Creatividade e Psicoloxia da Educacion.

Investigadora do proxecto Talento 3.0. Fundación Barrie de la Maza.

Directora Educativa do proxecto QVO. Concello de A Coruña.

Directora do Equipo Técnico de ASAC Galicia.


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.