O pasado día 27 de outubro os alumnos de 4º da ESO fixemos unha saída á cidade de Vigo. Pola mañá realizamos a actividade "xogar en Vigo". Percorremos as rúas do casco vello observando e traballando en probas sobre as diversas materias que estudamos: dende falar con ingleses ata observar e recoñecer os accidentes xeográficos da ría. Pola tarde paseamos por Castrelos analizando as esculturas que agroman no seu xardín e comparten espazo coas árbores. Foi un día de clases diferente; deste xeito descubrimos que todo o que nos ensinan no colexio pódese aplicar á vida cotiá.                     


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.