Este curso tivemos novidades! Fixemos o desfile camiñando polas rúas de O Rosal ata chegar ao Calvario onde saudamos os rapaces e rapazas do CRA María Zambrano que estaban alí de festa.

O motivo do desfile foi a canción " O paraugas do Xosé" Por iso levabamos tantos paraugas multicolores decorados.

Os rapaces e rapazas de secundaria que quixeron disfrazarse, tamén saíron ao desfile. Esperemos que o próximo curso aínda se animen máis.

Ao chegar de volta ao centro, fomos para o patio  xogar e bailar amenizados coa música que Samuel puso na radio.


  Para ver máis fotos:

                                                       PRIMARIA  SECUNDARIA

                                           

 

 

 

A FESTA DE ENTROIDO IMOS CELEBRAR!


O CATA  DA MATA  AS ORDES  VAI  DAR!

 

O luns 28
 ides poñer
algo na cabeza
que nos quede ben.

  
 
O martes,rapazas
rapaces tamén
disfrazamos cabeza
e pescozo á vez.
Mércores día dous
disfrazados virán
de cabeza e pescozo
e mandil traerán.

Xoves é moito

que hai que disfrazar

cabeza, pescozo. mandil

e zapatos de distinto par.

 
  

 

 


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.