Saltar navegación.
Inicio

Samagosto

 Practica o    Samagosto

  Estamos ás portas do Samaín e do Magosto. Por iso queremos que te samagostes... Practicar o Samagosto consiste en gozar con estas dúas festas populares galegas que empregan os cabazos e as castañas como base fundamental. Con elas entramos de cheo na outonía e lembramos tradicións que teñen que ver cos recordos dos que viñeron antes ca nós. Dende o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, do CPI Fonte Díaz, e dende a súa páxina, www.facebook.com/movealingua, temos preparadas unha serie de actividades para celebrar estas datas.

  •  Durante todo o mes as distintas titorías poden realizar microrrelatos de medo, que colocarán nas portas das aulas. No ENDL temos cartolinas ligadas co Samaín e co Magosto para que, se queredes, escribades as vosas historias baixo as formas de cabazas, castañas, morcegos... Algunhas das historias aparecerán en www.facebook.com/movealingua. Así todos e todas ficaremos aterrados!
  • Elaboración de receitas de sobremesas que estean feitas con cabazos, castañas ou froitos de outono. Podedes ir colgando e compartindo con todos e todas nós as vosas receitas e pratos na páxina www.facebook.com/movealingua.

  •  Creación de figuras con cabazas, castañas ou que fagan referencia ao Samaín e ao Magosto. Serán colocadas nos corredores. Pódense fotografar aquelas que fagades na casa e non poidan chegar ao centro escolar e colgalas na nosa páxina www.facebook.com/movealingua. O día para entregar as figuras feitas con cabazas e castañas é o luns 27.
  • Elaboración de sobremesas feitas con cabazos, castañas ou froitos de outono. Estas sobremesas e as castañas serán degustadas no comedor o día 29, polo que a mellor data para que cheguen onda nós será ese mesmo día. Todos aqueles e aquelas que non poidan compartir fisicamente as súas sobremesas poden facelo de xeito virtual partillándoas na nosa páxina www.facebook.com/movealingua .

  • Realización de fotos do outono que podedes compartir en Movealingua.

 O ENDL do CPI Fonte-Díaz en Touro quere agradecer de antemán o traballo de todos e todas. Esperamos que poidades colaborar para practicar o Samagosto, esa festa que acabamos de inventar en Touro e que promete moito. Grazas de novo!

 ENDL do CPI Fonte-Díaz