Saltar navegación.
Inicio

O mes das Letras, o mes da Lingua

O MES DAS LETRAS, O MES DA LINGUA

 Xa estamos en maio, o mes no que homenaxeamos á nosa lingua da man das Letras Galegas, dedicadas este ano á figura de Xosé María Díaz Castro (http://www.poetadiazcastro.com ). Dende o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CPI (ENDL) de Touro, temos unha chea de actividades  para realizar durante todo este mes.

 

ü  Asistencia a filmes o venres 16 de maio. Haberá varias sesións para as distintas etapas educativas: 2º, 3º, 4º, 5º Primaria de 9,45 a  11,15;  Infantil e  1º Primaria de 11,15 a 12, 45; ESO de 12,45 a 15, 30.

 ü  Actuación da aula de teatro do CPI Fonte Díaz .

 ü  “Ler conta moito”, actividade sobre o poema “Esmeralda” de Díaz Castro, realizarase o xoves 15  e está destinada a alumnos e alumnas de Primaria.          

 ü  Música nas letras. Haberá música en directo con gaitas o venres 16. Alén diso, durante a semana do 12 ao 16 colocaremos música galega nos corredores, para que todas e todos poidamos gozar coas cancións da nosa terra.

 ü  Charla-concerto de Hip-Hop a cargo de García, cantante do grupo “Dios ke te crew”. Estará destinada a alumnos da ESO. A data será concertada co artista.

 ü  Concurso de marcapáxinas con lemas normalizadores para Educación Infantil e Primaria. O marcapáxinas gañador será impreso e, á parte, haberá un premiado por cada ciclo.  A data límite para a entrega será o 26 de maio

 ü  Concurso de carteis de Educación Secundaria. Os carteis estarán dedicados á vida e obra de Díaz Castro e poden realizarse con diferentes técnicas, incluídas as informáticas, pero deberán ser presentados en formato físico.  A data límite para a entrega será o 26 de maio. Haberá un gañador ou gañadora.

 ü  Exposición “O quechua tamén é noso”, na que colocaremos datos sobre esa lingua milenaria que compartimos con parte do alumnado do noso centro.

 ü  Exposicións na biblioteca: Historia do libro e Historia da literatura.

 ü  Asistencia á exposición sobre a “Obra e vida da figura de Díaz Castro”, situada xa no corredor dos departamentos de linguas e sociais de Secundaria.

 Agradecemos de novo a colaboración de todas e todos para poder levar a cabo as actividades e propostas que temos para estas datas. A páxina Movealingua irá compartindo con toda a comunidade educativa boa parte delas.