Saltar navegación.
Inicio

Día do Libro

Abril, o mes do libro

Abril é o mes do libro e, dende o Equipo de Normalización e Dinamización lingüística (ENDL) do CPI de Touro, temos unha chea de propostas para celebrar, durante estas semanas, a importancia de ler e gozar facéndoo.

Os libros que nos gustan: Cada clase elixirá, como favoritos, varios libros escritos ou traducidos á lingua galega. Tras a escolla, as clases colocarán unha lista na porta cos seus títulos e capas. Cando teñan escollido un libro, Movealingua gravará o que opinan os alumnos e alumnas das distintas clases sobre eses libros.

Cóntoche un conto: Da lista de libros favoritos feita por cada clase, seleccionaranse varios anacos que serán lidos por lectores de 3º e 4º da ESO. As lecturas faranse durante o 23 de abril, Día do Libro.

Así escribimos!: Na biblioteca farase unha exposición sobre a historia do libro, da literatura e da escritura. Convidamos a todos os membros da comunidade escolar a que aporten materiais e fagan unha visita a este evento cultural.

Entrega de premios ás máis lectoras e aos máis lectores, así como aos gañadores ou gañadoras do concurso Fainos visibles.

Agradecemos unha vez máis a vosa colaboración e axuda. Sabemos que entre todas e todos celebraremos un gran Mes do Libro.