Para os dous cursos
1.- Introducción
O programa de diversificación curricular xurde como unha medida de atención á diversidade coa finalidade de que o alumnado que reúna as condicións establecidas na orde do 30 de xullo do 2007 (DOG do martes, 21 de agosto do 2007) poida acadar o título de Graduado na Ensinanza Secundaria Obrigatoria e as competencias básicas, se dispuxera dunha atención moito máis personalizada que a que poida recibir no grupo normal.
O currículo deste ámbito configúrase incluíndo os contidos e a metodoloxía propias das Matemáticas e das Ciencias da Natureza aplicados aos ámbitos da vida real: consumo, economía privada, medio ambiente, saúde, nutrición, ...
Por esto, en Matemáticas selecionáronse contidos que poden axudar ao alumnado a tomar medidas e datos, a realizar cálculos e estimacións, a obter e aplicar fórmulas sinxelas, a representar datos en forma de táboas e gráficas, a analisalas e interpretalas, a emitir hipóteses e a tomar decisións de acordo coas conclusions obtidas. Así mesmo, as Matemáticas contribúen ao desenvolvemento de actitudes relacionadas co hábito de traballo riguroso e preciso, coa curiosidade e a investigación e co interese por resolver problemas sendo creativo no seu planeamento e sabendo explicar os resultados obtidos, potenciando a flexibilidade nos razoamentos, a autonomía para enfrontarse a situacións novas e o nivel de confianza e autoestima persoal.
Para traballar a competencia do coñecemento e interacción co mundo físico traballaremos os contidos que contribúan a mellorar a calidade de vida das persoas: dietas sanas, curación de enfermidades, sexualidade e reproducción, mellores comunicacións, recursos enerxéticos, calidade medio-ambiental, contaminación, ... desenvolvendo no alumnado interese polo coñecemento e actitudes críticas co uso desproporcionado dos recusos naturais e a contaminación.
O alumnado deberá coñecer e utilizar algúns métodos habituais na actividade científica: planeamento de problemas, formulación clara dos mesmos, utilizar fontes contrastadas de información de maneira sistemática e organizada, formular e contrastar hipóteses, planificar e realizar experimentos, recollida e organización de datos, análise dos mesmos, elaborar conclusións e comunicar os resultados utilizando a linguaxe correcta tanto na forma oral como escrita.
A Ciencia que se presenta neste ámbito está ligada ao estudo, análise e planeamento de posibles solucións ante problemas reais relacionados co mundo natural. Por isto, debe potenciarse especialmento o valor funcional da Ciencia e incidir menos nos seus aspectos teóricos que, en todo caso, deben estar adaptados ás actividades organizadas para a análise de fenómenos e situacións do mundo natural e dos cambios producidos polas actividades humanas.
As características do alumndo de diversificación aconsellan abordar os obxectivos do ámbito cun planeamento interdisciplinar. Unha organización das actividades centrada na análise dos problemas cotiáns relacionados co entorno do alumnado pode dotar ao currículo dun carácter aberto, inegrador e funconal que responda ás necesidades do alumnado ao que se dirixe. Por elo, é necesario aclarar que a organización da materia do ámbito en bloques é unha estructura que axuda á comprensión do conxunto de conceptos, procedementos e actitudes que, distribuídos en dous anos, deben abordarse ao longo do programa de diversificación.
2.- Descrición dos bloques.
Bloque 1º: Contidos comúns do ámbito científico - matemático.
Neste bloque faremos referencia ás destrezas necesarias para abordar a resolución de problemas científicos e matemátios. Asi mesmo, faremos referencia aos pasos necesarios para abordar proxectos de análise das diferentes situacións ou problemas relacionados co mundo natural, a saúde, o medio ambiente ou outros temas científicos de maneira creativa, responsable e autónoma. Incluiremos algúns contidos que teñen que ver coa forma de construir a Ciencia e co recoñecemento e valoración das súas aportacións.
Bloque 2º: Tratamento da información e competencia dixital.
Faremos referencia ás habilidades, destrezas e capacidades necesarias para comunicar mensaxes, presentado e expoñendo información en diferentes formatos: texto, gráficos, táboas, esquemas, etc., utilizando os recursos das tecnoloxías da información e da comunicación.
Bloque 3º: As persoas e a saúde.
Realízase un achegamento aos cambios que as alumnas e os alumnos experimentan na pubertade. Preséntase o funcionamento do corpo humano desde a perspectiva da educación para a saúde, establécese a importancia das conductas saudables sinalando a súa relación coa hixiene, os estilos de vida e os hábitos de prevención das principais enfermidades.
Bloque 4º: Ecoloxía e desenvolvemento sostible.
Analízanse as características da Terra, como planeta vivo, planteando unha visión integradora do medio ambiente que teña en conta os seres vivos, as relacións que establecen entre eles e co medio físico, e as interaccións do ser humano co entorno, mediante a análise dos problemas medioambientais mais relevantes para avaliar os efectos positivos e negativos das actividades humanas.
Neste bloque incluímos visitas e contidos referidos ao patrimonio natural galego, pois Galicia conta con ecosistemas moi diversos con distintos niveis de protección, que proporcionan una estupenda ocasión para potenciar a educación medioambiental. O estudio do medio ambiente facilita que o alumnado comprenda as relacións de interdependencia entre os individuos da sociedade e o medio no que viven, revelándose como un dos mellores instrumentos educativos para a formación de cidadáns responsbilizados coa xestión do medio ambiente.
Bloque 5º: Ferrramentas para interpretar e representar a realidade.
Neste bloque presentamos contidos e programas informáticos, de software libre, orientados ao desenvolvemento de destrezas, habilidades e actitudes relacionados coa competencia matemática: Cantidades, Alxebra, Espacio e forma, Optimización, Estatística, Probabilidade; dando un valor especial á presentación e expresión dos resultados obtidos para que non se queden só en cálculos.
Bloque 6º: A diversidade da materia, os cambios químicos e as súas repercusións.
Analizamos as propiedades da materia e das subastancias que a compoñen desde unha perspectiva macroscópica. Estudiaremos algúns compostos químicos, as trasformacións dunhas substancias en outras en contextos cotiás trasmitindo a idea de que na Natureza rexen unhas leis universais que determinan os cambios físicos e químicos na materia. Analizaremos as repercusións da actividade científica e tecnolóxica na calidade de vida das persoas e no medio ambiente.
3.- Contribución do ámbito á adquisición das competencias básicas
O ámbito contribúa á adquisión da competencia:
-
matemática na medida en que se insista na utilización axeitada das ferramentas matemáticas e na súa utilidade, na oportunidade do seu uso e na elección dos procedementos e formas de expresión acordes ao contexto, coa precisión requerida para a finalidade perseguida.
-
en comunicación lingüistica a través da configuración e transmisión de ideas e informacións de forma oral e escrita, da adquisición de vocabulario e terminoloxía específica deste ámbito e dos razoamentos utilizados na resolución de problemas e nas explicacións da resposta obtida.
-
no tratamento da información e competencia dixital coa incorporación e utilizacións dos ordenadores e os programas informáticos para realizar a parte mecánica da resolución de problemas, para comunicar as respostas, recabar información, ... Na sociedade actual, chamada a sociedade do coñecemento, a utilización das tecnoloxías da información e da comunicación resultan imprescindibles polo que deben ser parte importante na formación común e básica da cidadanía.
-
no coñecemento e interacción co mundo físico pois proporciona os coñecementos e procedementos básicos propios deste campo do coñecemento. Algúns aspectos importantísimos desta competencia son: o coñecemento do propio corpo, as relacións entre os hábitos e formas de vida e a saúde, as implicacións na mellora do medio ambiente e no desenvolvemento sostible e formar razoadamente criterios propios para participar responsablemente na toma de decisións locais ou globais relacionadas co ámbito. A creación de sinxelos modelos matemáticos para resolver problemas, o estudo das formas xeométricas, o desenvolvemento da visión espacial e a capacidade para realizar representacións contribúen a traballar esta competencia.
-
social e cidadá, pois a natureza social do coñemento científico contribúe a preparar aos cidadáns para participar de forma activa e fundamentada nunha sociedade democrática. A alfabetización científica permite conxeturar a tratar situacións de interese, considerar as implicacións e puntos de vista abertos polas investigacións realizadas e elaborar decisións razoadas para o debate social. E preciso, así mesmo, un achegamento á histoira das mulleres e homes que fixeron ciencia para comprender a evolución da sociedade e analizar a sociedade actual. A alfabetización científica-tecnolóxica constitúe unha dimensión moi importante na cultura cidadá, garatía, ao mesmo tempo, da aplicación do principios de pruedencia, análise e precaución frente ás implicacións de risco para as persoas que ten o desenvolvemto tecnolóxico a toda costa, desenvolvemento nos sostible, baseado somente na creación de postos de traballo de dudosa calide.
-
aprender a aprender, a aprendizaxe ao longo da vida, no caso do coñecemento da natureza, vaise producindo pola incorporación de informacións provintes da propia experiencia e dos medios escritos e audiovisuais. A integración data información na estructura do coñecemento prodúcese se se teñen adquiridos os conceptos esenciais e os procedementos de análise de causas e consecuencias que son habituais nas ciencias da natureza, así como destrezas ligadas ao carácter creativo do traballo científico.
As técnicas heurísticas desenvoltas no ámbito constitúen modelos xerais do tratamento da información e do razoamento e consolidan a daquisición de destrezas involucradas nesta competencia tales como: autonomía, perseverenacia, sistematización, reflexión crítica e a habilidade para comunicar con eficacia os resultados do propio traballo. -
da autonomía e iniciativa persoal, os procesos de resolución de problemas contribúen a fomentar a autonomía e iniciativa persoal porque se utilizan para planificar estratexias, asumir retos e contribúen a convivir coa incertidume controlando ao mesmo tempo a toma de decisións.
-
cultural e artística, porque o mesmo coñecemento matemático é expresión universal da cultura, sendo, en particular, a xeometría parte integral da expresión artística da humaniade ao ofrecer medios para describir e comprender o mundo que nos rodea e apreciar a beleza das estructuras creadas. Cultivar a sensibilidade e a creatividade, o pensamento diverxente, a autonomía e interese estético son obxectivos desta materia.
A natureza do noso entorno e a súa biodiversidade, as aportacións do desenvolvemento científico e tecnolóxico, e a comprensión dos elementos fundamentais da cultura científica son, ademáis de fonte de enriquecemento persoal e colectivo, manifestacións que poden considerarse parte do noso patrimonio cultural.
4.- Orientacións metodolóxicas.
Para facilitar o desenvolvemento das capacidades do alumnado de diversificación curricular e a adquisición das competencias básicas da etapa faise imprescindible unha atención individualizada e unha planificación de actividades que teña en conta a diversidade de intereses e necesidades educativas dos alumnos e alumnas.
As actividades a realizar por este alumnado poden estructurarse entorno a problemas, situacións e vivencias cercanas á súa experiencia. A realización de actividades relacionadas coa análise e resolución de problemas científicos ou matemáticos relacionados con contextos cotidianos pode dotar ao currículo dun carácter aberto, integrador e funcional que responda ás necesidades do alumnado ao que se dirixe.
A funcionalidade da aprendizaxe proposta en diversificación debe entenderse como a necesidade de dar respostas aos problemas cotiáns relacionados co entorno natural e tecnolóxico, primando aquelas destrezas, habilidades, conceptos, procedementos e actitudes que favorecen a aprendizaxe autónoma e a iniciativa persoal para abordar a súa resolución.
Coa finalidade de desenvolver a compresión oral e escrita fomentaremos os hábitos de lectura e escritura, realizando actividades de lectura comprensiva de textos, de elaboración de resumes e comentarios e de interpretación dos gráficos, imaxes ou táboas de datos. É preciso facer fincapé en verbalizar os conceptos, explicar as súas ideas, expresar por escrito e verbalmente conclusións e razoamentos.
Concederemos especial importancia ao desenvolvemento das destrezas relacionadas coa busca de información utilizando bibliografía e os recursos das tecnoloxías da información e da comunicación.
A utilización da calculadora, os ordenadores e sistemas audiovisuais de forma sistemáticas deberá contribuir por unha parte a que o alumnado procese información, realice cálculos complexos e, por outro lado, seleccionar e producir información, favorecento a autonomía e inciativa persoal. O uso destes recurso, especialmente a calculadora, deberá ser ordenado, de modo que a calculadora non exima do cálculo mental e do desenvolvemento de estratexias operativas. O alumnado deberá reconocer aquelas situacións en que o uso da calculadora non é necesario.
A realización no laboratorio de experiencias e actividades prácticas e o desenvolvemento dalgún traballo de investigación conseguirán motivar a curiosidade no alumnado e desenvolver habilidades de experimentación e observación.
Deberemos estimular o desenvolvemento de actitudes de curiosidade e interese por todo o relativo ao medio e á súa conservación e tamén de coidade polo propio corpo, de flexibilidade intelectual e dunha disposición de rigor metódico e crítico, de aprecio do traballo en equipo, ...
Promoverase na aula un clima de aceptación mutua e cooperación por ser unha fonte de desenvolvemeto social, persoal e intelectual. Por esto, facilitarase a aprendizaxe en grupo, a exposición de ideas en público, as actividades de debate, a argumentación razonada e documenada de ideas propias, o contraste con outras opinións e a discusión entre varias alternativas nun clima de cooperación, tolerancia e respeto aos demais.
É preciso que se eviten todo tipo de estereotipos sexistas. Debe destacarse que na construcción do pensamento científico-matemático ao longo da historia interviron tanto homes como mulleres e é convinte utilizar o recurso histórico para facer visibles as contribucións mais importantes.
5.- Obxectivos
A ensinanza do ámbito científico nesta etapa terá como obxectivo o desenvolvemento das seguintes capacidades:
1. Comprender e expresar mensaxes que incorporen as formas elementais de expresión e razoamento matemático e científico, coa finalidade de comunicarse de forma oral e escrita de maneira clara e precisa e potenciar a capacidade de pensamento reflexivo.
2. Buscar, selecionar e procesar información procedente de fontes diversas, incluída a que proporciona o entorno, utilizando con progresiva autonomía as tecnoloxías da información e da comunicación. Analizar esta información con sentido crítico e comunicala aos demais de maneira organizada e intelixible.
3.- Comprender e utilizar elementos matemáticos de numeración e álxebra, datos estatísticos, xeométricos, gráficos e os relacionados coa probabilidade co fin de analizar e resolver problemas relacionados con situacions da vida coitá ou con informacións procedentes dos medios de comunicación, internet ou de outras fontes.
4.- Recoñecer e planear situacións susceptibles de ser formuladas en termos matemáticos, elaborar e utilizar diferentes estratexias para abordalas, empregando os recurso e instrumentos máis apropiados, valorando a conveniencia das estratexias utilizadas en función da análise dos resultados e do seu carácter exacto ou aproximado.
5.- Utilizar de forma axeitada os distintos medios tecnolóxicos (calculadoras, ordenadores e outros) tanto para realizar cálculos como para buscar, tratar e representar informacións de índole diversa e tamén como axuda na aprendizaxe.
6.- Aplicar estratexias coherentes cos procedementos das ciencias, tales como a discusión do interese dos problemas panteados, a formulación de hipóteses, a elaboración de estratexias de resolución de problemas, a realización de deseños experimentais, a análise dos resultados, co fin de interpretar o mundo físico que nos rodea e abordar os problemas aos que se enfronta hoxe a humanidade para avanzar cara a un futuro sostible.
7.- Participar con autonomía e creatividade en pequenos proxectos de indagación ou investigación para resolver problemas sinxelos ou abordar cuestións de carácter científico, planificando e desenvolvendo as tarefas necesarias de forma ordenada e metódica, valorando a súa conveniencia en función do proceso desenvolvido e da análise dos resultados.
8.- Recoñecer a diversidade natural da Galicia como parte integrante do noso patrimonio natural e cultural, valorando a importancia que ten o seu desenvolvemento e conservación.
9.- Desenvolver actitudes e hábitos favorables á promoción da saúde persoal e comunitaria que permitan facer fronte aos riscos da sociedade actual en aspectos relacionados coa alimentación, o cunsumo, as drogodependencias e a sexualidade.
10.- Desenvolver a autoestima e a autonomía persoal, adquiri hábitos de estudo e participar nas tarefas de equipo e debate cunha actitude constructiva, valorando a importancia do esforzo persoal, a cooperación e o diálogo na vida colectiva.
6.- Contidos
Bloque 1. Contidos comúns do ámbito científico e matemático.
- Familiarización coas características básicas do traballo matemático e científico: recollida de datos, planeamento de problemas sinxelos e discusión de seu interese, formulación de hipóteses para resolvelos, elaboración de estratexias para encontrar solucións e comprobación e valoración dos resultados.
- Utilización das ferramentas tecnolóxicas para facilitar os cálculos de tipo numérico, alxébrico ou estatístico, as representacións funcionais e a comprensión das propiedades xeométricas.
- Utilización correcta dos aparatos de medida, dos materiais, instrumentos e sustancias básicas dun laboratorio e respecto polas normas de uso e seguridade nos mesmos.
- Resolución de problemas relacionados con situacións coitás aplicando o razoamento científico e matemático, manifestando perserverancia e flexibilidade tanto na busca de solucións aos problemas coma na valoración das atopadas.
- Adquisición de hábitos ordenados e rigurosos de traballo.
- Planificación e realización de traballo en equipo asumindo responsablemente as tarefas propias e colectivas, e mostando actitudes cooperativas e respetuosas cos demais.
- Valoración das aportacións da ciencia para dar resposta ás necesidades dos seres humáns e mellorar as condición da súa existencia, así como para apreciar e disfrutar da diversidade natural e cultura, participando na súa conservación, proteción e mellora.
- Confianza nas propias capacidades para enfrontar problemas, comprender as relacións entre as matemáticas e o coñecemento científico e tomar decisión a partir delas.
- Recoñecemento e valoraci´lon das aprotacións dos homes e mulleres á construcción do coñecemento matemático e científico.
Bloque 2. Tratamento da información e competencia dixital.
- Búsqueda, seleción e interpretación da información de carácter científico a través de diversas fontes bibliográficas e das tecnoloxías da información e da comunicación, ou otros procedementos como experiencias de campo e de laboratorio, para a súa posterior comparación, ordendación e clasificación.
- Emprego de diversas estratexias para comprender os textos, identificando o tema, distinguiendo entre as ideas principais e as secundarias e realizando esquemas ou resumos estructurados.
- Presentación da información de carácter cuantitativo, cualitativo, simbólico ou espacial, manexando as magnitudes e unidades adecuadas, en formatos diversos, utilizando táboas de valores, gráficos, resumos, esquemas e outros, utilizando a terminoloxía e notación científica precisa.
- Realización de diálogos e exposicións orais para describir fenómenos, formular preguntas ou hipóteses, expresar argumentacións, planificar procesos, ou revisar conclusións, coa precisión e o rigor axeitados á situación, e respeitando as normas de intervención.
- Emprego de técnicas básicas para a redacción de textos escritos: planificación, elaboración e revisión dos mesmos.
- Empregar as posibilidades que ofrecen as tecnoloxías da información e da comunicación para organizar, almacenar e presentar ou expoñer información, combinando textos orais e escrtitos, imáxes, táboas de datos, etc.
Bloque 3. As persoas e a saúde.
- Análise da organización xeral e do funcionamento do corpo humano, dos seus aparatos, sistemas, órganos, tecidos e células e a súa repercusión no mantemento da saúde.
- Afectividade e sexualidade. Cambios físicos e psíquicos na adolescencia. Análise do preceso da reprodución humana. Anlalise e comparación de métodos anticonceptivos. Valoración da importancia da hixiene sexual como provención das enfermidades de transmisión sexual.
- Análise dos procesos e das funcións principais que realizan os aparatos que interveñen nas función de nutrición. Elaboración de dietas equilibradas tendo en conta os hábitos alimenticios saudables.
- Hábitos da vida saudables para previr alteracións no aparato respiratorio, excretor e no sistema circulatorio.
- Coidado e hixiene dos órganos dos sentidos. Análise do funcionamento do sistema nervioso e do sistema endocrino e as súas principais alteracións.
- As enfermidades infecciosas. Vacunas. O transplante e doación de células, sangue e órganos.
- Imaxe corporal e autoestima. Actitude crítica ante os estereotipos sociais.
- Identificación dos factores sociais e modos de vida que repercuten negativamente na saúde: a contaminación, o estress, o tabaco, o alcol e outras drogas.
- Valoración positiva dos hábitos de vida saudables, tanto individuais como colectivos, relacionado coa alimentación, a hixiente e o exercicio físico. Primeiros auxilios.
Bloque 4. Ecoloxía e desenvolvemento sostible.
- A enerxía solar na Terra. Valoración do papel protector da atmósfera e da importancia do aire e necesidade do seu coidado para o desenvolvemento da vina na Terra.
- Rasgos característicos do clima en España e, especialmente en Galicia. Interpretación de mapas do tempo sinxelos.
- Valoración da importancia da auga para a vida dos seres vivos. Prácticas individuais e sociais que evitan o despilfarro e a contaminación da auga. Os recursos hídricos en Galiza.
- A estructura interna da Terra. Importancia da prevención e predicción dos riscos volcánicos e sísmicos.
- Utilidade e importancia dos minerais e das rochas. Xacimentos e explotación de minerais e rocas en Galiza.
- As fontes de enerxía e as consecuencias ambientais do consumo humano da enerxía. As enerxías renovabeis.
- Recoñecemento das principais formas de relieve e dos axentes que o transforman. Lectura de mapas topográficos.
- Utilización da teoría celular para interpretar a estructura e o funcionamento dos seres vivos. Observación, descripción e comparación de diferentes rasgos dos seres vivos, utilizando a lupa binocular e o microscopio.
- Valoración da biodiversidade como resultado do proceso evolutivo.´
- Análise das interacións existentes no ecosistema. O ciclo da materia e fluxo de enerxía. Realización de indagacións sinxelas sobre algún ecosistema do entorno para identificar cadeas e redes tróficas.
- Riqueza medioambiental, flora e fauna de Galiza. Figuras para a proteción de eosistemas, da flora e da fauna de Galiza.
- Valoración do impacto das acións humanas sobre o medio ambiente. Os problemas medioambientales (cambio climático, desertización, contaminación, perda de biodiversidade, esgotamento dos recursos, etc.) e as políticas de prevención.
- Sensiblización da necesidade de coidar o medio ambiente e adoptar conductas solidarias e respetuosas co desenvolvemento sotible.
Bloque 5. Ferramentas para interpretar e representar a realidade.
Cantidade:
- Interpretación e utilización dos números naturais, enteiros e racionais e as operacións básicas en diferentes contextos.
- Os números decimais e as fraccións: ordenación, representación na recta numérica e ralización de operacións.
- Utilización das relacións entre fraccións, decimais e porcentaxes. Aplicación á resolución de problemas da vida coitá da proporcionalidade directa e inversa e das porcentaxes.
- Utilización das unidades do Sistema Métrico Decimal e de tempo adecuadas á situación e ao contexto.
- Utilización da estratexia para contar ou estimar cantidades manexando o cálculo mental, o calculo escrito ou manexo da calculadora nos diferentes contextos.
- Realización de operacións con potencias da mesma base e expoñente natural (productos, cociente e potencias).
- Utilización da linguaxe alxébrica para xeralizar propiedades e simbolizar relacións, así como a obtención de fórmulas e termos xerais baseada na observación de pautas e regularidades.
- Resolución de problemas empregando técnicas alxébricas: utilización de fórmulas, planteamento de ecuacións sinxelas e utilización de algoritmos para a resolución de ecuacións de primeiro e segundo grao cunha incógnita; así como para a resolución alxébrica e gráfica de sistemas de dúas ecuación lineais con dúas incógnitas, analizando en todos os casos a solución.
Espacio e forma:
- Recoñecer e describir figuras planas e utilizar as súas propiedades para clasificalas. A circunferencia e o círculo. Construción de figuras planas cos instrumento de debuxo habituais e programas informáticos. (Geogebra)
- Medida e cálculo de ángulos en figuras planas.
- Apreciar a simetría das figuras planas na natureza en nas construcións.
- Aplicación da semellanza de triángulos e do teorema de Pitágoras para obter medidas de forma indirecta e comprobar relacións entre figuras, así como para a resolución de problemas xeométricos e do medio físico.
- Utilización das propiedades e regularidades de poliedros e corpos de revolución para resolver problemas do mundo físico.
- Resolución de problemas que impliquen a estimación e o cálculo de lonxitudes, perímetros, superficies e volumes en contextos coitáns.
- Identificación e construción de translacións, simetrías e xiros de formas xeométricas sinxelas no plano. Recoñecemento dos movementos na Natureza, na Arte e en outras construcións humanas.
- Interpretación de planos, mapas e esferas terrestres e utilización da escala.
Cambio e relacións:
- Organización de datos en táboas de valores. Representación de puntos nun sistema de eixes coordenados e identificaión de puntos a partir das súas coordenadas.
- Identificación e expresión de relacións de dependencia en situación cotiás.
- Obtención da relación entre dúas magnitudes directa ou inversamente proporcionais a partir da análise da súa táboa de valores e da súa gráfica. Interpretación da constante de proporcionalidade e aplicaicón a situacións reais.
- Interpretación e representación gráfica dun fenómeno descrito mediante un enunciado, táboa, gráfica ou expresión alxébrica e análise dos seus resultados en casos sinxelos e coitás.
Estatística e probabilidade:
- Diferencia entre variables discretas e continuas. Organización dos datoa en ambos casos.
- Interpretación e construción de diagramas estatísticos: de barras, de liñas, de sectores, de histogramas, de polígonos de frecuencias e de pictogramas.
- Significado, cálculo e aplicacións da media, moda e mediana.
- Cálculo das medidas dispersión e utilización para realizar comparacións e valoracións.
- Cálculo de probabilidades mediante a lei de Laplace. Formulación de conxeturas sobre o comportamento de fenómenos aleatorios sinxelos e deseño de experiencias para a súa comprobación.
- Utilización de táboas de continxencia para o reconto de casos e a asignación de probabilidades.
- Análise elemental da representatividade das mostras estatísticas e actitude crítica ante a interpretación da información de índole estatística.
- Utilización da probabilidade para tomar decisión fundamentadas en diferentes contexto.
Bloque 6. A diversidade e a unidade da materia.
- Realización de experiencias sinxelas para determinar as propiedades xerais da materia e os cambios de estado. Clasificación de sustancias segundo as súas principais propiedades físicas: temperatures de fusión e ebullición, conductividade eléctrica e solubilidade na auga.
- Utilización do modelo cinético-molecular para explicar as caracteristicas dos estados da materia e a diferencia entre substancias puras (compostos e elementos) e mesturas (heteroxéneas e disolucións).
- Realización de experiencias con mesturas: separación das compoñentes dunha mestura, preparación de disolucións de concentración coñecida e cálculos para medir a cantidade de substancias nas mesma.
- Comprensión da natureza eléctrica da materia. Identificación dos efectos e aplicacións da corriente eléctrica: luz, calor e electromagnetismo.
- Aplicación do principio da conservación e transformación da enerxía para interpretar os fenómenos cotiás.
- Recoñecer o traballo e a calor como formas de transferencia de enerxía e analizar os problemas asociados á obtención e uso das diferentres fontes de enerxía.
- Importancia das aplicacións das sustancias radioactivas e valoración das repercusións do seu uso para os seres vivos e o medio ambiente.
Bloque 7. Cambios químicos e as súas repercusións.
- Identificación e diferenciación dalgúns cambios físicos e cambios químicos cotiás.
- Realización experimental dalgúns cambios químicos mediante a transformación dunhas substancias en outras: interpretación da conservación da masa.
- A importancia da química no mundo actual. Materiais e sustancias químicas que se utilizan na vida cotiá. As principais industrias químicas de Galiza.
- Valoración das aplicacións da industria química para a mellora da calidade de vida das persoas e das repercusións que a fabricación e emprego de substancias químicas pode ter para a saúde das persoas e o medio ambiente.
7.- Criterios de avaliación.
1. Comprender e expresar adecuadamente información de carácter científico matemático aplicando diferentes estratexias.
Con este criterio trátase de avaliar a capacidade de comprender e expresar mensaxes que conteñan información científico-matemática presentada en diversos formantos: textos, gráficas, croquis, planos, táboas de datos, imáxes ou outros. Para elo, valorarase se o alumnado é capaz de:
- aplicar diversas estratexias para a comprensión de mensaxes (relectura, toma de notas, subraiado, realización de esquemas, consulta de diccionarios, realizar preguntas, etc. )
- identificar as ideas principais e secundarias das mensaxes, realizar unha síntesis das mesmas e relacionalas coas necesidades persoais para adquirir novos coñecementos.
- planificar os propios textos, elaboralos e revisalos para adecualos á intención comunicativa.
- presentar conclusións de forma ordenada, empregando razoamentos e vocabulario adecuados, combinando expresión oral, texto, gráficas, imáses e datos numéricos, aproveitando os recuRsos que proporcionan as TIC.
2. Utilizar diversas fontes para localizar, obter e selcionar información pertinente de acordo coa finalidade previamente establecida.
Con este criterio preténdese valorar a capacidade do alumnado para localizar, selccionar e organizar información pertinente de acordo co obxectivo previsto, empregando, con certa autonomía, os recursos ou fontes máis axeitadas. Para elo, valorarase que a alumna e o alumno sexan capaces de:
- identificar e selecionar a fonte mais adecuada (bibliográfica ou a través das TIC) para obter unha información determinada.
- utilizar fontes bibliográficas como diccionarios, enciclopedias, atlas, manuais, monografías ou outras; e manexar os índices alfabéticos e temáticos para localizar información.
- empregar os recurso das TIC como enciclopedias electrónicas, páxinas educativas, navegadores educacionais, buscadores alfabéticos e temáticos en internert ou outros.
- localizar bibliografia na biblioteca do Centro manexando índices temáticos e alfabéticos.
- clasificar e orgnizar a información obtida, selecionando a máis adecuada e sintetizar o seu contido.
- manter unha actitude crítica ante a información e as mensaxes procedentes dos medios de comunicación e das TIC.
3. Utilizar estratexias para a resolución de problemas da vida cotiá aplicando destrezas básicas de carácter científico e matemático.
Trátase de valorar a capacidade do alumnado para aplicar de forma progresivamente autónoma diferentes estratexias para a resolución de problemas cotiás, aplicando destrezas matemáticas, coñecementos científicos e procesos de razoamento válidos. Para elo, valorarase que a alumna e o alumno sexan capaces de:
- identificar e describir os elementos e datos dun problema, elaborar conxeturas e hipóteses rezoadas e propoñer posibles métodos para a súa resolución.
- interpretar e realizar medicións e estimacións, e valorar o caracter exacto ou aproximado.
- realizar cálculos, presentar as operacións e os resultados obtidos con orden e claridade, describir o proceso seguido para obter unha solución e valorar a súa pertinencia.
- utilizar a forma de cálculo máis axeitada (mental, escrita ou con calculadora) e expresar o resultado coa precisión requerida, utilizando, no seu caso, a notación científica.
- utilizar axeitadamente a calculadora ou programas informáicos (software libre) de tratamento da información cando as operacións a realizar o requiran.
- perseverar na busca de solucións e mostrar confianza nas propias capacidades.
4. Utilizar números naturais, enteiros, fraccionarios, decimais e porcentaxes sinxelos, ecuacións, as operacións e as súas propiedades, para recoller, transformar e intercambiar información e resolver problemas relacionados coa vida diaria.
Trátase de valorar a capacidade do alumnado para identificar e empregar os números e as operacións en diversos contextos cercanos ao cotidiano. Para elo, valorarase que a alumna e o alumno sexan capaces de:
- identificar os distintos tipos de números e elixir o máis apropiado en cada situación.
- selecionar das catro operacións básicas, a máis apropiada a cada situación e operar con corrección.
- utilizar as medidas adecuadas de lonxitude, masa, tempo e capacidade en cada contexto.
- realizar operacións con potencias da mesma base e expoñente natural (productos, cocientes e potencias).
- identificar relacións de proporcionalidade numérica e xeométrica e utilizalas para resolver problemas de porcentaxes e taxas en situacións cotiás e comerciais (rebaixas, descontos e aumentos porcentuais, IVE, xuros e créditos bancarios).
- identificar problemas sinxelos da vida cotiá nos que se poden plantear os datos mediante ecuacións ou fórmulas, utilizar algoritmos ou outras técnicas para resolvelos e valorar a coherencia da solución.
- recoñecer e valorar os números como ferramenta fundamental para representar situacións e resolver problemas relacionados coa vida diaria.
5. Describir espacios, obxetos e recipientes de uso frecuente utilizando os conceptos elementais da xeometría e estimar e calcular as súas medidas de lonxitude, área, volume e capacidade coa precisión acorde á situación planteada para resolver problemas en diferentes contextos cotiás.
Preténdese comprobar a capacidade de abordar diferentes situacións e problemas da vida diaria relacionadas coa xeometria, utilizando distintos métodos e estratexias para calcular magnitudes, empregando os instrumentos de medida dispoñibles, aplicando as fórmulas apropiadas e o desenvolvendo as técnicas e destrezas adecuadas para realizar medicións. Para esto, valorarase se o alumno ou alumna é capaz de:
- identificar os elementos básicos de figuras planas e corpos xeométricos (lados, vértices, ángulos, caras, arestas, base, altura, diagonais, diámetro, radio, arco, corda e sector circular).
- comprender e diferenciar os conceptos de lonxitude, superficie, volume e capacidade e selecionar a unidade axeitada para cada un deles.
- utilizar instrumentos, fórmulas e técnicas apropiadas para obter medidas directas e indirectas en situacións reais.
- representar figuras no plano (triángulos, cuadriláteros, pentágonos, hexágonos e octógonos) utilizando software informático e representalas na pizarra utilizando instrumentos de debuxo e medida axeitados a cada situación.
- calcular ángulos, perímetros e superficies de figuras regulares, así como volumes de corpos xeométricos e capacidades de recipientes aplicando fórmulas ou outras técnicas "artesanais".
- interpretar planos e mapas sinxelos utilizando a escala gráfica e numérica.
6. Recoñecer as transformacións que levan dunha figura xeométrica a outra mediante os movementos no plano e utilizar os movementos para crear as súas propias composicións e analizar, desde un punto de vista xeométrico, deseños cotiás, obras de arte e configuracións presentes na Natureza.
Preténdese valorar a comprensión dos movementos no plano e a capacidade de utilizalos como un recurso máis de análise de formas naturais ou de creacións artísticas, facendo uso, se é o caso, de técnicas gráficas con regra e compás ou programas informáticos. Para esto, valorarase se o alumno ou alumna é capaz de:
- identificar semellanzas e relacións entre corpos xeométricos.
- identificar e representar figuras planas semellantes sometidas a un proceso de transformación simétrica, unha traslación ou un xiro.
- recoñecer e representar conxuntos de figuras xeométricas semellantes transformadas (mosaicos regulares ou semirregulares).
- recoñecer e valorar a xeometría para describir e interpretar as formas xeométricas, así como para cuantificar magnitudes nas mesmas.
7. Organizar e interpretar informacións diversas mediante táboas e gráficas, identificar relacións de dependencia en situacións cotiás ou en fenómenos físicos ou sociais, así como elaborar e interpretar informacións estatísticas utilizando as táboas e gráficos adecuados, analizando os parámetros e a súa significatividade.
Trátase de valorar a capacidade de identificar e relacionar as variables que interveñen nalgúns fenómenos físicos, sociais ou outras situacións cotiás e de organizar e interpretar información de natureza estatística en táboas de frecuencias e gráficas. Para esto, valorarase se o alumno ou alumna é capaz de:
- identificar e describir situacións relacionadas coa estatística utilizando información procedente de distintas fontes (medios de comunicación, internet, anuarios e outros.
- recoller datos empregando distintas técnicas de reconto, organizalos en táboas e representalos nunha gráfica, seleccioando a mellor forma de presentar a información.
- interpretar gráficas de funcións non lineais sinxelas relacionadas cos fenómenos naturais, a vida cotiá e o mundo da información, localizando e expresando os máximos, mínimos e intervalos do dominio nos que crece ou decrece.
- calcular as medidas de centralización e dispersión dunha distribución utilizando unha folla de cálculo (OpenOffice calc) ou unha calculadora.
- interpretar información estatística presentada en forma de táboas e gráficas e obter conclusións pertinentes dunha poboación a parti do coñecemento do seus parámetros máis representativos.
8. Aplicar os conceptos e técnicas do cálculo de probabilidades para resolver situacións diferentes e problemas da vida cotiá.
Mediante este criterio preténdese valorar a capacidade de identificar o espacio mostral en experiencias simples e en experiencias compostas sinxelas, en contextos concretos da vida cotiá, calculando as probabilidades e utilizando os resultados obtidos na toma de decisións razoables. Para esto, valorarase se o alumno ou alumna é capaz de:
- utilizar táboas de continxencia para recontar casos e identificar o espacio mostral.
- calcular probabilidades teóricas en situacións e experimentos sinxelos e da vida cotiá (o cara e cruz, los dados, a baralla, o dominó, a lotaría e outros), utilizando a regra de Laplace.
- utilizar o vocabulario axeitado para describir situacións relacionadas co azar.
- recoñecer e valorar as matemáticas para predecir situacións relacionadas co azar.
9. Recoñecer os aspectos físicos, psicolóxicos e sociais que inflúen na saúde e valorar a importancia dos estilos de vida saudables para previr enfermidades e mellorar a calidade de vida.
Con este criterio valórase a competencia do alumnado para establecer relacións entre as diferentes función do organismo e as conductas, hábitos e estilos de vida saudables. Para esto, valorarase se o alumno ou alumna é capaz de:
- establecer relacións ente as diferentes funcións do organismo, os órganos, aparatos e sistemas que interveñenen nelas e os factores que teñen unha maior influencia na saúde.
- recoñecer enfermidades máis frecuentes (infeccionsas, conductuais, xenéticas, por intoxicación, etc.), relacionadas cos hábitos hixiénicos, alimentarios e modos de vida saudables que se poden adoptar para a súa prevención, e coas principais aportacións das ciencias biomédicas (vacunas, antibióticos e outras).
- diferenciar o proceso de reprodución do tema da sexualidade entnendia como unha actividade ligada a toda a vida do ser humano e da comunicación afectiva e persoal.
- explicar o proceso da fecundación humana e os cambios fundamentais que se producen desde o inicio do embarazo ata o parto, explicar o funcionamento dalgúns métodos de control da natalidade e os métodos de prevención de enfermidades sexuais.
- identificar os factores sociais que repercuten negativamente na saúde, como a contaminación ambiental, algunhas condicións de traballo, o estrés, certos modelos e hábitos de consumo social, especialente de sustancias adictivas e valorar a importancia dunha vida saudable independiente de modas sociais.
10. Describir a estructura básica da vida e as funcións vitais para chegar a clasificar os seres vivos e recoñecer a importancia da biodiversidade.
Preténdese avaliar se, partido da observación directa no laboratorio ou mediante traballos de campo: a través de claves sinxelas, debuxos, fotos ou métodos informáticos e levando a cabo prácticas sinxelas nas que se valorará o manexo apropiado do material,o alumno ou alumna é capaz de:
- recoñecer e describir as características da estructura, organización e función dos seres vivos, tendo en conta a teoría celular e expresándose con claridade e utilizando a linguaxe científica.
- recoñecer e describir as diferentes funcións vitais dos seres vivvos e a influencia dalgunhas variables: luz, osixeno, alimento, temperatura e outras.
- describir as características dos diferentes tipos de nutrición e de reprodución dos seres vivos.
- explicar a biodiversidade como resultado da evolución e da adaptación ao medio dos seres vivos.
- clasificar os seres vivos utilizando claves sinxelas, debuxos e fotos.
- manexar a lupa binocular e o microscopio así como outros elementos básicos do laobratorio de ciencias natruais: cubres e portas, preparacións, mecheros, pinzas, tintes e outros, tendo en conta as normas de seguridade.
11. Recompilar e analizar información acerca da influencia das actuacións dos sres humanos sobre os ecosistemas e porpoñer medidas e estratexias para a súa conservación.
Trátase de valorar se o alumno ou alumna teñen unha visión de conxunto da Terra, da súa dinámica interna e externa, do funcionamento dos ecosistemas e das repercusión das actividades humanas sobre o equilibrio ecolóxico. Para elo, a partid da observación de distintos ecosistemas, especialmente cercanos, e da información obtida en diferentes fontes documentais, valorarase se o alumno ou alumna é capaz de:
- identificar as tres envolturas concéntricas que forman a Terra: atmósfera, hidrosfera e xeosfera, recoñecendo a súa importancia para o desenvolvemento da vida na Terra.
- identificar na pisaxe as diferentes influencias que nel se manifestan, xeolóxicas internas e externas, dos seres vivos e das derivadas da actividade humana.
- recoñecer distintos ecosistemas e identificar o seus compoñentes (bióticos e abióticos), as relacións entre os mesmos e os fluxos de mateia e enerxía que se producen.
- identificar e explicar o aproveitamento dos recursos que realiza a humanidade relacionándoos coas principais repercusións sobre o medio ambiente: contaminación, desertización, diminución da capa de ozono, esgotamento dos recursos, cambio climático e perda da biodiversidade.
- propoñer medidas individuais e colectivas que se poidan adoptar para evitar o deterioro do medio ambiente e contribuir ao desenvolvemento sostible, como o uso de enerxís non contaminantes, o aforro enerxético, a reciclaxe de materiais e outras.
- recoñecer a importancia da educación científica para a adopción fundamentada de decisións sobre os problemas medioambientais.
12. Describir as propiedades e cambios da materia nos seus distintos estados de agregación, disitinguir entre substancia simple, composta e mestura. Comprender a composición das mesturas.
A partir da observación directa das características de diferentes substancias e materiais, da realización de experiencias de laboratorio nas que se valorará o manexo apropiado do material, ou mediante a utilización do modelo cinético-molecular como ferramente útil para comprender a diversidade da materia, e aplicando estos coñecementos á resolucón de problemas sinxelos, valorarase se o alumno ou alumna é capaz de:
- describir as características físicas dos estados sólido, líquido e gaseoso, e interpretar os cambios de estado tomando como referencia o modelo cinético-molecular.
- distinguir as magniturde masa, volume, densidade e temperatura utilizando instrumentos de medida sinxelos (balanza, probeta, bureta, termómetro) e expresando os resultados nas unidades do Sistema Internacional.
- diferenciar as substancias puras (simples ou compostas) e mesturas (homoxéneas ou heteroxéneas) a partir das súas propiedades características: puntos de fusión e ebullición, densidade, solubilidade, aspecto, posibles métodos de separación.
- utilizar algunhas técnicas para separar as compoñentes dunha mestura a partir das súas propiedades físicas (filtración, destilación, decantación, cristalización) e describir algunhos procesos de separación que teñen lugar nas alamazaras, bodegas e instalación de depuración de augas residuais.
- calcular e interpretar valores de concentración nas disolucións (porcentaxes en masa e en volume e valores na composición das mesturas sólidas).
- recoñecer os efectos que sobre a saúde pode ter a concentracion de substancias en produtos que inxerimos (compoñentes dos medicamentos, grao de alcohol en bebidas ou aditivos nos alimentos).
13. Interpretar os cambios físicos e químicos das substancias e os fenómenos eléctricos que se perciben en contextos cotiás, valorando a importancia da electricidade e as repercusións que a utilización de diferentes fontes de enerxía teñen para a vida das persoas e para o medio ambiente.
A partir da observación dos fenómenos que concurren na natureza e a realización de experiencias sinxelas nas que se poidan percibir cambios físicos ou químicos, ou se manifeste a natureza eléctrica na materia, e utilizando o modelo atómico molecuar de forma moi sinxela, o alumno ou alumna é capaz de:
- identificar, clasificar e analizar un proceso como cambio químico ou cambio físico, comprobando se desapareceron unhas substancias para transformarse noutras, ou se, polo contrario, as substancias son sempre as mesmas.
- interpretar as reacións químicas mais habituais (combustión oxidación, descomposisición, sínteses) a partir da realización dalgunhas experiencias e recoñecer as diferencias formais entre reacións exotérmicas e endotérmica.
- recoñecer as vantaxes e inconvintes que provocan os procesos químicos que se producen na vida cotiá e na industria, e identificar as posibles medidas para previ-los e paliar ous seus efectos.
- interpretar fenómenos eléctricos explicándoos cualitativamente co concepto de carga eléctrica.
- identificar e valorar as aplicacións que ten a electricidade na vida das persoas, respeitar as normas de seguridade e valorar a necesidade do aforro enerxético.
- recoñecer as aplicacións das substancias radiactivas e valorar as súas repercusións.