RESOLUCIÓN FONDO LIBROS 24-25
PRAZOS DA RESOLUCIÓN DE FONDO LIBROS
- 9 de xullo: data de publicación da LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS de FondoLibros, no taboleiro situado no interior da entrada do colexio.
- 10 e 11 de xullo: presentación de reclamacións.
- 15 de xullo: LISTAXE DEFINITIVA de solicitudes admitidas cos libros asignados e, de ser o caso, o número de libros complementarios que lle correspondan. Estarán dispoñibles os vales para adquirir os libros de 1º e 2º de primaria e os cheques de material.
Os libros asignados serán entregados polos Titores/as nos cursos de Primaria e o Xefe de estudos nos cursos de secundaria a partir do 11 de setembro, data de inicio do novo curso 2024- 2025.