Máscara hixiénica CPI Fonte Díaz
Como medida de prevención e hixiene, as persoas de 6 anos en diante están obrigadas ao uso de máscaras en determinadas situacións entre as que se inclúe a asistencia ao colexio. Aos nenos e as nenas menores de 6 anos, que non teñen obriga de levalas, tamén se lles recomenda.
Desde o colexio decidimos facer unha adquisición (inicial e única) de máscaras para repartir entre os membros da comunidade educativa que imos compartir espazo no colexio (profesorado, alumnado, persoal non docente, colaboradoras, etc.) como forma de colaborar coas familias e concienciar do seu uso.
Trátase dunha máscara hixiénica feita en Galicia, que cumpre a norma UNE 0065, re-utilizable (ata 50 lavados). As máscaras son idénticas para todo o persoal pero con tallas adecuadas á idade. Contan ademais cunha serigrafía en branco para poder poñer o nome cun rotulador permanente.
Na seguinte ligazón achéganse a ficha técnica e as instrucións de lavado e uso:
|