Taboleiro de anuncios
Solicitude de comedor
30/06/2021
Dende o xoves 1 de xullo ata o martes 13 de xullo, en horario de 10:00 a 13:00 horas podedes pasar a solicitar o comedor para o vindeiro curso. Será obrigatorio cubrir a solicitude e o anexo ii.
No mesmo impreso, tamén e posible facer a solicitude para os almorzos. A intención da ANPA é retomalos o vindeiro curso, se a situación o permite.
Bo verán
23/06/2021
O equipo directivo do CPI do Feal, quere agradecer ao alumnado e as familias o comportamento exemplar neste curso tan díficil, pero que entre todos sacamos adiante.
Bo verán!
Publicación dos libros de texto para o curso 2021-2022
17/06/2021
Como novidade, o próximo curso haberá EDIXGAL (libro electrónico) en toda a ESO, ademais de en 5º e 6º de Primaria. Polo tanto, todo este alumnado recibirá en préstamo o equipamento necesario.
Devolución do equipamento EDIXGAL
16/06/2021
Aquel alumnado que o vindeiro curso abandone o centro e este curso tivo equipamento EDIXGAL, deberá devolvelo no centro antes do 25 de xuño.
O alumnado que permanece no centro podera quedar nas vacacións co equipamento, facéndose responsable da súa conservación e bo uso.
Fondo libros e axudas para adquisición de material escolar
20/05/2021
Dende mañá, 21 de maio e ata o vindeiro 22 de xuño incluído, pódense presentar as solicitudes de cara ao vindeiro curso do Fondo solidario de libros de texto, e das axudas para compra de material escolar.
- Lembrar que haberá fondo solidario dende 1º a 4º de E. Primaria, xa que de 5º de E. Primaria ata 4º de ESO, seremos Edixgal (libro electrónico).
- A axuda para material será dende 1º de E.Primaria ata 4º de ESO.
- As solicitudes poden entregarse na secretaría do centro de luns a venres de 10:00 a 13:00, e os luns en horario de tarde de 16:40 a 17:40.
- Tamén podedes tramitalas a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Información publicada no DOGA
- Impreso de solicitude
Publicadas as listaxes do proceso de admisión para novo alumnado
13/05/2021
Xa se poden consultar as listaxes definitivas de admitidos/as para o vindeiro curso. Podedes facelo a través da aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ (empregando certificado dixital ou a chave 365), ou ben no taboleiro do centro.
Formación no uso axeitado das novas tecnoloxías na idade escolar
08/04/2021
Dende o Departamento de Orientación, detectouse un uso inadecuado de medios dixitais (teléfonos, ordenadores, consolas etc). Outros centros educativos, en concreto os nosos adscritos (CRA de Narón, CEIP Ponte Xuvia e CEIP de Piñeiros), detectaron igualmente estes problemas.
Do problema detectado, xurde unha inciativa conxunta dos catro centros educativos, dirixida a familias e alumnado: a organización dunha formación online conxunta.
A formación irá dirixida ao alumnado dende 3º de E. Primaria ata 4º da ESO, e as súas familias.
O alumnado recibirá a formación en horario lectivo, mentres que as familias estades invitadas a unha formación específica, que terá lugar o luns 12 de abril ás 16:30 horas.
Dende o centro, se enviará por AbalarMóbil o enlace á formación online. O único que teredes que facer para establecer conexión, será copiar o enlace que recibiredes, e pegalo no navegador do dispositivo que empreguedes.
Vacantes para as novas matrículas do curso 2021-2022
26/02/2021
Curso |
Prazas vacantes |
4º de E. Infantil Freixeiro | 16 |
4º de E. Infantil Feal | 25 |
5º de E. Infantil Freixeiro | 0 |
5º de E. Infantil Feal | 4 |
6º de E. Infantil Freixeiro | 0 |
6º de E. Infantil Feal | 22 |
1º de E. Primaria | 13 |
2º de E. Primaria | 13 |
3º de E. Primaria | 3 |
4º de E. Primaria | 3 |
5º de E. Primaria | 2 |
6º de E. Primaria | 5 |
1º de ESO | 19 |
2º de ESO | 3 |
3º de ESO | 6 |
4º de ESO | 19 |
Prazos do proceso de admisión 2021/2022
08/01/2021
Solicitude de admisión para o centro adscrito (alumnado de 4º de ESO que queira matricularse no IES As Telleiras) |
11 de xaneiro - 8 febreiro |
Publicación de vacantes | antes do 1 de marzo |
Presentación de solicitudes de admisión | 1 - 22 de marzo |
Listaxe provisional de admitidos e non admitidos | antes do 25 do abril |
Listaxe definitiva de admitidos e non admitidos | antes do 15 de maio |
Formalización da matrícula de Infantil e Primaria | 20 - 30 de xuño |
Formalización da matrícula de ESO | 25 - 10 de xullo |
Prazo extraordinario de formalización da matrícula en ESO | 1 - 10 de setembro |
Normas de seguridade e hixiene COVID
10/02/2020
Nos últimos días, estamos recordando e explicando ao alumnado de ESO as nosas normas básicas de seguridade e hixiene, recollidas no protocolo para dar resposta a situación xerada pola COVID-19.
Aínda que o comportamento do alumnado está sendo exemplar en liñas xerais, é importante non relaxarse, para poder seguir co curso coa maior normalidade posible.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com