Saltar navegación.
Inicio

Facendo novos amigos... e aprendendo linguas

J. J. Rousseau

Montse Lorenzo, 07/06/2010 

Dende o Departamento de Francés estamos a buscar novos amigos para poñer en práctica dun xeito divertido o francés que ensinamos na aula. Unha selección de vintecatro alumnos de 1º E.S.O. levan a cabo neste terceiro trimestre de curso un intercambio de correspondencia con alumnos que están cursando o seu primeiro ano de español no colexio Jean-Jacques Rousseau situado en Argenteuil, na periferia de París.

Nós xa recibimos as primeiras cartas hai unha semana, nas que os rapaces e rapazas francesas se presentan, falan das súas familias, do seu colexio e dos seus hobbies. Algúns deles inclúen fotos do máis divertido. Os nosos alumnos están afanados redactando as súas respostas e esperamos facer o noso envío de correspondencia nos próximos días. Esta experiencia continuarase ó longo do próximo curso con este grupo de alumnos e se resulta satisfactoria podería materializarse nun intercambio lingüístico entre os dous centros, proxecto que tanto a min como á súa profesora de español, Carmen Anidos-Meizoso, nos parece interesante para motivar a aprendizaxe dos respectivos idiomas por parte dos nosos alumnos.

Así pois, quen sabe, tal vez o  vindeiro curso  teñamos caras novas nas nosas aulas, así que se queredes, podedes ir aprendendo un pouquiño de francés, que sempre está ben practicar linguas, ¿non?

J. J. Rousseau

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com