Saltar navegación.
Inicio

Visita ao Centro de interpretación de Caldoval

CaldovalFai clic para ver máis fotos

12/06/2018

O pasado 7 de xuño, o alumnado de 1º de ESO, acompañado por tres profesoras, realizou unha visita ao Centro de interpretación de Caldoval (Mugardos).

Esta actividade foi organizada polo Departamento de Xeografía e Historia, como un acercamento á cultura romana, que outorgaba un carácter primordial ao coidado do corpo. O circuíto termal era unha das actividades practicadas con ese fin. O deporte era outro dos alicerces básicos.

O Centro acolle os restos duns baños da época romana, que foron utilizados desde o século I ata a caída do Imperio. Estaban situados á beira do mar (Punta Promontorio) e formaban parte dunha vila a mare.

O alumnado foi dividido en dous grupos para secuenciar a actividade: por un lado, visita guiada ao centro, onde puideron coñecer como era a vida na época romana e visitar as estruturas conservadas do espazo termal. Por outro, os alumnos participaron nun obradoiro de xogos de mesa, e puideron crear en barro as súas propias pezas (variantes do tres en raia).

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com