Saltar navegación.
Inicio

Crónica da disección dunha lura

LuraFai clic para ver as novas fotos enviadas por Ana Allegue
(ademais das xa coñecidas de María Varela)

29/01/2015

A nosa experiencia no laboratorio (o pasado 18 de decembro) consistiu en disecar unha lura. Para levala a cabo tivemos como mestres a distintos alumnos/as de 2º e 3º da ESO coa supervisión da súa profesora de Bioloxía (María Varela). En grupos de dous ou tres, íannos ensinando as partes da lura (ollo, mandíbulas, pluma, tentáculos...). Estoupamos a bolsa de tinta nun vaso de auga e aprendemos a distinguir entre macho e femia.

Tamén aprendemos a empregar utensilios do laboratorio como as tesoiras, a coitela, as pinzas, a lanceta, etc. Todo isto vímolo primeiramente nas bandexas de disección, e logo, tivemos a oportunidade de velo no microscopio. Finalmente, recibimos unhas fichas para traballar todo o que fixemos no laboratorio.

A experiencia resultou fantástica dado que foi a primeira vez que estivemos nun laboratorio e traballamos nel. Encantaríanos que nos volvesen convidar e agradecémoslles que nos ensinasen desta maneira tan nova e inesquecible para todos nós.

Alumnado de 4º A e titora

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com