Carreira Popular de Xermade
Enviado por Anónimo o Dom, 17/11/2013 - 19:26
Felipe Barata
O pasado 10 de Novembro celebrouse unha nova edición da Carreira Popular de Xermade, a cal acudiron uns corenta nenos e nenas do Colexio de Friol, obtendo moi bos resultados, xa que se conseguiron bastantes podiums.
Carreira Popular de Taboada
Enviado por Anónimo o Dom, 17/11/2013 - 18:57
Felipe Barata
Máis de 20 atletas do Colexio de Friol tomaron parte na II Edición da Carreira Popular de Taboada, no que era o debut nesta temporada para o equipo de Friol. Bos resultados os que obtiveron os deportistas locais, cun total de cinco podiums nesta primeira cita atlética.
Semana de Samaín
Enviado por Anónimo o Lun, 04/11/2013 - 18:31
Entre o 21 e o 30 de outubro a Biblioteca do Centro, ambientada cunha decoración temática, foi escenario da semana dedicada a Samaín, na que, como non podía ser doutro xeito, o medo foi protagonista.
Contacontos de medo, como "Corre, corre, cabaciña" e "Fiz o coleccionista de medos" aterraron, na voz e escenificación de Ana López e Melanie Coedo, a todo o alumnado de Primaria e Infantil. Igualmente, os máis pequenos de Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria tremeron coa proxección de "Lobo feroz", mentres que para o alumnado de Segundo e Terceiro Ciclo foi proxectada a terrorífica "Bruxa Regañadentes".
A Semana de Samaín completouse na Biblioteca cun concurso de calacús, nos que se puido comprobar a infinita imaxinación creadora dos alumnos e alumnas de tódolos cursos do Centro. Na seguinte presentación mostramos os calacús gañadores.
Finalmente, Ana fixo un conxuro para liberar os nenos e nenas de Infantil dos medos xerados durante a Semana de Samaín.
Podes ver outro vídeo no Blog da Biblioteca.
Drogas e alcohol
Enviado por Anónimo o Ven, 18/10/2013 - 17:17O pasado martes, 15 de outubro, dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade escolar, a Garda Civil de Lugo impartiu unha charla sobre drogas e alcohol na Biblioteca do Centro. A conferencia foi dirixida a todo o alumnado de Secundaria e a 6º de Primaria.
Benvida á CAIXA VIAXEIRA
Enviado por Anónimo o Ven, 27/09/2013 - 16:43Teresa Estévez
O 17 de febreiro de 2012, Manuel, o coordinador do EDLG do Ceip de Cervo, propúxonos participar nunha actividade normalizadora: A Caixa Viaxeira.
O proxecto, que agora xa é unha realidade, comezou cando distintos centros das catro provincias galegas dixemos que estabamos dispostos a participar.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 87
- 88
- 89
- 90
- 91
- 92
- 93
- 94
- 95