Arts And Crafts

Plástica bilingüe Primaria

Actividades de Pástica biligüe do terceiro treimestre.

Proxecto ovos

Mestres Gadeiros

Durante este curso, o alumnado de 6º de educación infantil investigou sobre os ovos de varias razas de galiña e outros animais: galiña de Mos, galiña Mapuche, galiña Piñeira, oca, paspallás, pato salvaxe e doméstico... Os nenos e nenas observaron, compararon e clasificaron os ovos polo seu tamaño, cor, textura, etc. Tamén estudaron as súas xemas e claras.

Maquetas granxas avícolas

Mestres Gandeiros

O alumnado de 4º da ESO afondou sobre a construción e instalacións de granxas avícolas coa realización de maquetas e exposición sobre as mesmas. Este proxecto realizouse de maneira interdisciplinar entre as materias de Expresión Artística e Tecnoloxía.

Excursión á Coruña

Ed. Primaria

Excursión de 5º e 6º de Ed. Primaria á Coruña.

Actividade de 2º de ESO co alumnado de Infantil

Dep, CCSS

Nesta ocasión, o departamento de Xeografía e Historia organizou unha actividade co alumnado de 2 ESO, que contou diferentes historias medievais teatralizadas ao alumnado de Educación Infantil.

As historias relataban a vida cotiá dos diferentes estamentos da Idade Media, a partir dunha actividade de aula na que cada alumno contaba un story time de hai 900 anos.
A cita tivo lugar a tarde do pasado venres 31 de maio.

Visita ao Castro de Viladonga

Dep. de CCSS

Unha vez máis, o departamento de Xeografía e Historia organiza unha saída didáctica sobre o currículo da materia. Nesta ocasión, para estudiar a cultura castrexa da contorna,cunha visita ao museo e castro de Viladonga (Castro de Rei). Alí o alumnado de 1 e 2 de ESO coñecemos de primeira man as estruturas e partes do castro e algúns dos obxectos máis valiosos atopados nesta marabillosa ruína arqueolóxica da nosa provincia. Fixémolo a través dun obradoiro de arqueoloxía experimental guiado pola técnica do museo Sonia Engroba. Agradecidas quedamos polos materiais que nos deixou para a biblioteca (guías, conto...).

Excursión ao Castro de Viladonga e Penas de Rodas

Ed. Primaria

Hoxe o alumnado de 1° e 2° de primaria visitaron o Castro de Viladonga. Coñecemos a alimentación, vestimenta e arquitectura da época castrexa a través da interacción cos elementos expostos no seu Museo Arqueolóxico e a visita ao propio castro. Tamén realizamos un obradoiro de xoguetes tradicionais empregando materiais naturais.
Despois de xantar, fomos ao Espazo Natural de Penas de Rodas, onde puidemos xogar observando as formas curiosas das rochas graníticas da zona.

Prácticas restaurativas

Dep. Orientación

 Os membros do Departamento de Orientación vimos de rematar unha formación en Prácticas restaurativas, coas que estamos familiarizando ao alumnado de Primaria e Secundaria. Velaí algunha das nosas experiencias este curso traballando cos círculos afectivos... O alumnado de Infantil xa está desexando que lle toque traballar co obxecto da palabra!

Distribuir contido