Obradoiro condutas infractoras e prevención do acoso escolar
Dep. Orientación
O alumnado de 3º e 4º de Educación Secundaria, así como o alumnado de 1º da ESO tiveron sendos obradoiros na maña do 7 de Novembro para recalcar e reafirmar o proxecto de benestar emocional que leva dende o ano pasado funcionado no departamento de orientación e que persigue unha mellora integral entre todos os compoñentes da comunidade escolar.
Os primeiros en levar a cabo este taller foron os nenos e nenas de 3º e 4º da ESO, que durante dúas sesións tiveron ocasión de levar a cabo un enriquecedor debate sobre os distintos comportamentos que dan lugar ás condutas infractoras e a posibilidade de previr ditas situacións.
Por outra banda, a continuación foi a quenda dos alumnos de 1º da ESO, que realiziaron outro didáctico taller sobre o acoso escolar a través dunha sesión con distintas situacións para fomentar e reafirmar o valor individual de cada neno e empatizar coas circunstancias dos seus compañeiros.
Esta xornada foi posible, unha vez máis , gracias o Servizo de prevención de condutas adictivas dos Concellos de Friol, Begonte, Castro de Rei, Outeiro de Rei e Rábade que a través da súa xestora, María Barreiro, colabora activamente con este centro escolar.
Visita ao Museo de Lugo
Dep, Historia - Tecnoloxía
O pasado día 5 de novembro o grupo de 1 da ESO visitou as dependencias do Museo Provincial de Lugo, para recibir unha clase práctica sobre os restos arqueolóxicos, prehistóricos e romanos depositados neste Museo pertencente á Rede Museística da Deputación provincial de Lugo.
Puideron ver o miliario romano de Friol, as anerarias, mosaicos da época romana, a placa fundacional da cidade de Lugo, así como a sá dedicada á historia da ourivaría galega,onde se atopa o torques de Burela e o carneiro alado de Ribadeo.
Nas dependencias do claustro tamén visitaron a colección de reloxos de sol, datando o máis antigo do século XVII.
Foi organizado polo departamento de Xeografía e Historia en colaboración co departamento de Tecnoloxía.
Concurso Receitas de Samaín en familia
EDLG
Con un gran éxito de participación entre o alumnado de primaria e secundaria, ademais das familias destes mesmos nenos e nenas, celebrouse por primeira vez no noso centro educativo un concurso de receitas terroríficas do Samaín, no que era unha das actividades propostas para conmemorar tan sinalada data da cultura galega.
O máis importante e interesante desta proposta didáctica para a comunidade escolar foi a implicación dos membros das familias na elaboración da receita, que foi distribuída a través duns vídeos moi ben elaborados e editados, nos que puidemos apreciar dita colaboración e participación de distintas xeracións da mesma familia, polo que dende o centro facemos unha felicitación a todos os participantes pola súa colaboración.
Os gañadores foron os seguintes:
Categoría 1º, 2º e 3º de educación primaria.
1º Posto- Valentina García
2º Posto- Lucas Castro
Categoría 4º,5º e 6º de educación primaria
1º Posto- Xoel Bardasco
2º Posto- Iria Díaz
Categoría ESO
1º Posto- Sara Platas
2º Posto- Ian Caramés.
5º de Primaria no teatro
5º Primaria
O alumnado de 5º de primaria asistiu á representación da obra de teatro O mundo está roto, pero pódese camiñar, que se celebrou no Auditorio de Lugo.
A obra de teatro preséntanos unha nena que perdeu prematuramente a súa nai e, dende entón, está enfadada co mundo, e un pai que non sabe como romper o muro de incomunicación no que se encerrou a súa filla. Buscando solucións, argalla un curioso sistema: escribirlle mensaxes en avións de papel que lle lanza cada día dende o balcón e onde lle encomenda pequenas tarefas diarias como, por exemplo, ir devolver un libro á biblioteca….alí atoparan a forza necesaria para reconstruír a súa vida.
Charla a cargo da técnica de emprego de Concello
Dep. Francés
O pasado 5 de novembro, o alumnado de 4º da ESO asistiu a unha charla sobre orientación laboral e oportunidades de emprego a través dos estudos e formación, impartida por Raquel Vázquez, técnica de emprego do Concello de Friol, que tivo a deferencia de acudir ó noso centro de ensino para explicarlles e comentarlles ós nenos e nenas do citado curso as distintas oportunidades formativas que teñen a través do ensino, así como a posibilidade de empregar distintos mecanismos como pode ser a elaboración dun currículum vitae para acceder a determinados postos de traballo.
Esta charla estivo organizada pola profesora de FOPP, para que os seus alumnos coñeceran de primeira man todo o relativo a súa futura formación.
Actividade de orientación deportiva
Dep. Ed. Física
O pasado luns 4 de novembro, o alumnado de 3º e de 4º da ESO se desprazou ata as instalación de Lucus Adventure, situadas en Ombreiro (Lugo) para realizar a actividade de orientación deportiva, unha especialidade que se traballa no noso centro a través da materia de educación física en secundaria.
O alumnado, deste xeito, puido coñecer de primeira man e a través de monitores especializados, o funcionamento desta actividade no medio natural, sendo unha actividade moi enriquecedora para a súa formación e na cal os nosos alumnos e alumnas puideron desfrutar dunha mañá moi produtiva e, ao mesmo tempo, tamén moi lúdica.
Esta actividade é unha das que o departamento de educación física ten prevista para o presente trimestre e xurde en colaboración ca Secretaría Xeral para o Deporte.
Decoración de Samaín
Ed. Inf. e Primaria
Decoramos o noso cole para celebrar o Samaín. Aí vos van unhas imaxes.
A Santa Compaña
EDLG
Unha das actividades máis salientables do Samaín e que maior expectación creou entre a comunidade escolar foi a da aparición da Santa Compaña no noso centro educativo, que por primeira vez facía un percorrido dende o máis alá para, dende o colexio, dirixirse con paso firme ata a praza Andón Cebreiro do noso pobo.
Nesta actividade participou todo o alumnado de educación primaria, que ía caracterizado para tal fin cunha saba, para deste xeito, facer unha representación moi arraigada e senlleira da noso cultura. Dende o centro queremos agradecer, unha vez máis, a colaboración neste evento da Asociación A Castronela, que trouxo unha palloza dende o Castro Friulio para a praza de Friol, onde dúas integrantes desta asociación lles contaron un conto típico destas datas ao alumnado e profesorado alí reunidos.
Esta foi outra do amplo programa de actividades con motivo do Samaín, que incluiu os obradoiros de cocina terrorífica en educación infantil e primaria, os concursos de cabaza e tamén o concurso de receitas terroríficas en familia para o alumnado de primaria, ademais do Samaín en educación secundaria, no que a través de varios espazos delimitados se fixo unha caracterización teatral con temática propia destas datas e dende unha perspectiva didáctica que se poderá ver en breve no blog da biblioteca deste mesmo centro.
Samaín Infantil
Ed. Infantil
O alumnado de educación infantil desfrotou dunha agradable xornada para conmemorar o Samaín.
Ademais de disfrazarse e facer o tradicional obradoiro de comida, tamén tiveron unha tarde especial, onde puideron gozar do visionado dunha película con palomitas.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »