ANPA
BANCO DE LIBROS ESO 2022/23
Para o vindeiro curso 2022/23 a Anpa vai xestionar un banco de libros de texto para repartir entre as familias que o soliciten. O depósito estará formado polos libros de que actualmente dispón o centro máis os que sexan doados libremente por calquera membro da comunidade educativa.
Desde hoxe calquera persoa que o desexe pode acceder ao centro, en horario de 9 a 13h, e deixar en Administración as súas doazóns, sempre que sexan libros do listado publicado para o vindeiro curso (http://www.edu.xunta.gal/centros/cpidosdices/system/files/LIBROS%20DE%20TEXTO%2022-23.pdf ). A DATA LÍMITE DE RECOLLIDA SERÁ O VENRES, 22 DE XULLO.
Por outro lado, as familias interesadas en solicitar libros poden facelo cubrindo os formularios que tendes nesta publicación e dúas seguintes. En principio fixemos formularios para 2º e 4º da ESO, que son os cursos que non cambian os libros. No caso de que se nos entregaran libros dos que se solicitan para 1º e 3º (que cambian currículo este ano), anunciariámolo e abririamos prazo de solicitude.
CRITERIOS DE REPARTO
· Distribuiremos o total de libros doados polas familias máis os do fondo do colexio entre todas as familias participantes. O reparto farase de forma equitativa de forma que as familias poidan
ter a opción de recibir alomenos un libro e non que poucas familias reciban todos os libros.
· O REPARTO EQUITATIVO farase por sorteo entre os libros dispoñibles e as familias solicitantes.
· No caso de que tralo reparto equitativo sobre algún libro, ou de que non cheguen para todas as familias solicitantes, a preferencia de reparto entre as familias será a seguinte:
a. Socios da ANPA doantes de libros
b. Non socios da ANPA doantes de libros
c. Socios da ANPA non doantes de libros
d. Non socios da ANPA non doantes de libros
·No caso de empate nalgún criterio tomaráse en conta a orde de chegada da solicitude de participación no fondo de libros. Para iso atenderáse á data e hora de recepción do formulario no mail ou Whatsapp da ANPA San Isidro.
· No momento da entrega dos libros as familias firmarán unha CARTA DE COMPROMISO de devolución ao remate do curso e de boa conservación dos mesmos. Canto máis coidemos do material máis o aproveitará o alumnado nos diferentes cursos.
- APIs de Blogue
Formulario inscrición e datos bancarios do servizo de ludoteca 2021/22
(Para descargar o formulario nun PC, poñédevos sobre a imaxe, premede o botón dereito do rato e seleccionade a opción “Gardar imaxe como”)
- APIs de Blogue
Folla informativa servizo de ludoteca. Páxina 2
(Para descargar o formulario nun PC, poñédevos sobre a imaxe, premede o botón dereito do rato e seleccionade a opción “Gardar imaxe como”)
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »