slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3 slideshow 4 slideshow 5

Convocatoria de axudas para participar no programa de integración Aulas da natureza 2009

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Orde do 19 de xaneiro de 2009 pola que se
convocan axudas para participar no programa
de integración Aulas da Natureza 2009.

3º E 4º DE ESO NO FORUM ORIENTA 09

O alumnado de 2º ciclo da ESO visita este venres día 13 de febreiro o FORUM ORIENTA e máis a Escola de Náutica da Coruña.

Mañá luns día 9 de febreiro suspéndese as clases a causa do temporal

AVISO: A Consellería de Educación, debido ao temporal que se anuncia para mañá luns día 9 de febreiro, suspende as clases do ensino non universitario de toda Galicia.

Si!!! O equipo TECNOROIS volve a facelo!!!

O equipo de alumnas e alumnos de 4º da ESO, que tan brillantemente
ganara hai poucas datas o campionato de Galicia da FIRST LEGO LEAGUE,
volveu a mostrar o seu nivel no Campionato de España celebrado en
Barcelona o pasado domingo día 1 de febreiro, chegando ao máis alto da
clasificación do Estado Español, en dura competencia con alumnos e
alumnas de diversas capitais doutras Comunidades. Agora toca
representar a España no vindeiro Campionato do Mundo, que se celebrará
en Alanta, nos Estados Unidos.

Á espera de ampliar a información na nosa web e na revista do colexio, pódese ver máis información na Voz de Galicia e no Correo Gallego.

Parabéns polo trunfo acadado e ánimo e forza para seguir así!!!

 

O equipo de robótica Tecnorois levou o premio ao mellor robot na First Lego League

 
O pasado 23 de Novembro tivo lugar en Lugo a competición de robótica First Lego League.
Foi un torneo clasificatorio para a final nacional que terá lugar o
vindeiro 1 de Febreiro en Barcelona. O equipo de robótica do noso
colexio, Tecnorois, alzouse co premio ao mellor robot e estará en Barcelona para competir na final con outros 23 equipos. 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer