slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3 slideshow 4 slideshow 5

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2012-2013

Ata ao 10 de abril estamos no período de presentación de solicitudes de admisión para o curso 2012-2013. A lexislación relativa ao mesmo é a seguinte:

  • DECRETO 30/2007, do 15 de marzo, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 17 de marzo de 2007 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos.
  • CORRECCIÓN de erros.-Orde do 17 de marzo de 2007 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos público

 

DOCUMENTOS:

  • Anexo II. Modelo para presentar a solicitude de admisión.

Formación en linguas estranxeiras

ORDE do 22 de febreiro de 2012 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012, destinadas ao alumnado dos centrosdocentes sostidos con fondos públicos.

Vídeo sobre Laura e María gravado por Google en Rois

Nesta ligazón (premendo sobre a imaxe de Laura e María) podedes ver o vídeo que Google gravou en Rois sobre elas dúas

Laura Calvo e María Vilas finalistas mundiais do concurso Youtube Spacelab

O experimento de María Vilas e Laura Calvo resultou finalista mundial do concurso Youtube Spacelab. Foron seleccionadas de entre os miles de proxectos presentados e gañaron na área que comprende Europa, África e Oriente Próximo. Agora levarán o seu traballo a Washington, xunto aos outros cinco gañadores do resto do mundo. Parabéns para elas dúas e mais para o seu profesor, Javier Méndez.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer