Club de ciencias en Educación Infantil
Na etapa de educación infantil realizamos as seguintes actividades no club de ciencias ao longo de todo co curso:
- Electricidade estática: movemos as ás dunha bolboreta feita con papel de seda cargando un globo de electrocodade estática.
- Tormenta de eve: xogamos con distintas densidades de líquidos e unha vez asentados por capas fixemos unha tormenta de neve co líquido máis denso do tarro mediante unha pastilla efervescente.
- Inchamos un globo mesturando un ácido e unha base (neste caso bicarbonato e vinagre) co resultado de dita mestura
- Fixemos aparecer a pegada (aparentemente invisible) da man dos nenos/as mediante unha mestura de bicarbonato sódico, xel hidroalcohólico e cúrcuma.
- Recreamos o proceso de formación das nubes e da choiva nun tarro con líquidos de diferentes densidades, escuma de afeitar e colorante alimentario.
- Amasamos unhas bólas de amidón de millo que se manteñen en estado sólido namentres estamos en contacto e boleándoas e pasan a estado líquido unha vez se para.
- Creamos un xiroscopio de papel que reacciona ao quentamento da masa de aire baixo o mesmocon xiros.
- Fixemos aparecer con acuarelas un fractal de neve aparentemente oculto no papel.
- Creación dun volcán con bicarbonato e vinagre
- Arcoiris con líquidos de distintas densidades nunha xerrra
- Reacción do arco da vella con lacasitos de cores e auga.
- Actividades de robóticoa: desprazamentos dos "beebot" relacionadas coas estacións do ano e desprazamentos evitando tocar avespas velutinas.