Experimentando coas leis de Newton

 

 Non hai a menor dúbida de que unha das actividades máis divertidas no Club de Ciencia é a elaboración de foguetes de auga, coa finalidade de traballar coa terceira lei de Newton ou "Principio de Acción-Reacción".

Botando man de materiais tan elementais como un bombín de bicicleta, botellas de plástico, válvulas de bicicleta e tapóns, fomos capaces de desentrañar os principios que envían foguetes ao espacio, e experimentar coas condicións idóneas para que estes foguetes cheguen o máis alto e lonxe posible. Para elo xogamos co tipo de botella, o diseño do foguete, a cantidade de auga introducida, a inclinación, entre outros parámetros.

AdxuntoTamaño
foguetes_de_auga2.mp47.68 MB

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer