Creando Cristais No Laboratorio

 

 

 

Un ano máis desenvolvemos unha das actividades máis apreciadas no Club de Ciencia: a creación de fabulosos cristais. Para tal fin dispoñemos de Dihidroxenofosfato de Amonio, unha sustancia que nas cantidades axeitadas e en presencia dunhas tiras de aluminio, disolvemos ata obter unha disolución sobresaturada que logo deixamos precipitar paseniñamente. Ao cabo dunha semana obtemos preciosos cristais.

Comprobamos que o proceso sae tanto mellor canto mellor imitemos á natureza; polo tanto se lle damos tempo, espacio, un núcleo de cristalización e conseguimos que a temperatura baixe paseniñamente, o éxito está garantido.

AdxuntoTamaño
DSC07775.JPG48.41 KB
DSC07776.JPG59.88 KB
20240610_161915.jpg39.95 KB
DSC07779.JPG60.45 KB

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer