Actividades extraescolares
Estimadas familias:
Queremos informarvos que para o vindeiro curso 2017 - 2018, as seguintes actividades extraescolares serán xestionadas pola empresa ACTIVIDADES LÚDICAS GALICIA (GRUPO ACTEX): Zumba, Ciencia Divertida, Informática, cociña, Pintura e Xadrez.
Así memo tamén ofertamos a actividade de piscina concertada coas piscinas de Padrón e Brión.
Este curso a actividade de Judo vaise ofertar a través do Concello co mesmo monitor que traballa coa ANPA xa que desta forma sae máis económico para as familias.
Achegámosvos unha FOLLA DE INSCRICION para cumprimentar e entregar no colexio antes do día 21 de setembro. Tamén podedes envialas vía e-mail á santiago@actex.es ou anpasanisidro@gmail.com
O sistema de facturación das Actividades Extraescolares é a través de domiciliación bancaria na conta que indiquedes. Os cobros realizaranse do 1 ó 5 de cada mes. Se nalgún momento queredes dar de baixa ó voso/a fillo/a nalgunha actividade tedes que facelo antes do día 20 do mes anterior. De non ser así procederase a súa facturación.
Intentarase que as actividades comecen o día 2 de OUTUBRO (polo que vos pedimos rapidez presentando a inscrición para que poidamos formar os grupos o antes posible) e rematarán o 21 de xuño (nese mes o custo será proporcional aos días efectivamente impartidos), no caso de que non se forme grupo dalgunha poñerémonos en contacto coas familias para informarvos doutras alternativas.
Para calquera dúbida sobre este tema podedes poñervos en contacto coa empresa ACTIVIDADES LÚDICAS GALICIA (grupo ACTEX) nos seguintes teléfonos 881947147 ou 691475060 en horario de 09:30 a 14:00 e de 16:00 a 18:30 ou no enderezo de correo electrónico indicado anteriormente; ou coa ANPA no correo electrónico anpasanisidro@gmail.com.
Para participar nas actividades non é preciso ser soci@ da ANPA, máis os non socios deben abonar unha matrícula da actividade (30€/curso).
Seguro de accidentes: todos os participantes en actividades que organice a empresa Actividades lúdicas Galicia, SL (Grupo Actex) terán un seguro de accidentes que vai incluído no prezo da mesma.
INSCRICIÓN ACTIVIDADES EXTRASECOLARES CURSO 2017 - 2018
DATOS PERSOAIS E BANCARIOS. *este impreso é suficiente con cubrir un por familia.
SOCIO DA ANPA: □SI □NON
|
NOME E APELIDOS |
DNI |
TELÉFONO |
PAI/TTOR |
|
|
|
NAI/TITORA |
|
|
|
Apelidos, nome e data de nacemento e curso d@s fill@:
1.-_________________________________________Data de Nacemento: _____________Curso:____
2.-_________________________________________Data de Nacemento: ____________ Curso:____
3.-_________________________________________Data de Nacemento: _____________Curso:____
Enderezo familiar ____________________________________________________________
Poboación ___________________________________________ C.Postal________________
Teléfonos de contacto ( A Anpa utilizaraos pola orde que os poñades)
1.-_____________________ 2.-__________________ 3.- ____________________________
CORREOS ELECTRÓNICOS _________________________________________________
____________________________________________________________________________
Este é o método habitual de contacto da Anpa cos seus socios, por favor non esquezades facilitárnolo.
Tódalas comunicacións que fagan referencia ós servizos e Actividades xestionados por ACTIVIDADES LÚDICAS GALICIA, SL serán enviadas por e–mail polo que necesitariamos que cubrisen este dato obrigatoriamente, no caso de non ser posible, pregamos nos solicite que lle enviemos a información por escrito no apartado de observacións.
OBSERVACIÓNS: __________________________________________________________________
Autorizo á ANPA SAN ISIDRO ou á empresa con quen contrate os servizosa cargar os recibos correspondentes ás actividades extraescolares nas que estean matriculados os meus fill@s e/ou tutelad@s.
TITULAR DA CONTA ___________________________________________________________________________________
IBAN ENTIDADE OFICINA DC Nº CONTA
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Sinatura
_X_ Autorizo a posible aparición do meu fillo/a na paxina web da anpa ou na das empresas con quen contrate os servizos, así como en calquera reportaxe de prensa derivado das actividades extraescolares e servizos.
De conformidade co establecido na Lei Orgánica 15/1999 (LOPD) informámoslle que os datos facilitados no presente documento forman parte da Base de Datos da ANPA SAN ISIDRO con domicilio Aldea Antequeira, 5, 15911 Os Dices, Rois, onde se pode dirixir por escrito para exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición. Así mesmo lles informamos que facilitaremos todos os datos á empresa coa que contratamos os servizos.
INSCRICIÓN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES. CURSO 2017 - 2018
Actividades contratadas coa empresa ACTIVIDADES LÚDICAS GALICIA
□ ZUMBA ( Infantil e Primaria) - prezo: 10,00 € /mes - Luns de 16.30 a 17.30
□ CIENCIA DIVERTIDA (Primaria) – prezo: 10,00 € /mes. Cota de materiais 14€/ano – Martes de 16.30 a 17.30
□ INFORMÁTICA (mecanografía) - prezo: 10,00 € /mes – Martes de 16.30 a 17.30
*Esta actividade realizarase no multiusos de Rois.
□ COCIÑA (Infantil e Primaria) - prezo: 10,00 € /mes – Mércores de 14.45 a 15.45
*Esta actividade ten unha cota en concepto de materiais de 10 €/cuatrimestre (outubro e febreiro)
□ XADREZ (Primaria) - prezo: 10,00 € /mes – Xoves de 14.45 a 15.45
□ OBRADOIRO DE ARTE/PINTURA (infantil e Primaria) – prezo: 10,00 € /mes. Cota de materiais 14€/ano – Xoves de 14.45 a 15.45
Outras actividades
□ PISCINA PADRÓN (a partir de 5º de E.I) - Prezos: E.Infantil 11,00€/mes. E. Primaria 9,00€/mes - Pago trimestral sendo a ANPA a que cargue o importe correspondente na conta facilitada polas familias. *Sinalar día elixido.
□ Mércores de 17:45 a 18:30
□ Venres de 17:00 – 17:45
□ PISCINA BRIÓN (nenos e nenas de 3 – 12 anos) - Prezo 7,00€/mes. Pago trimestral sendo a ANPA a que cargue o importe correspondente na conta facilitada polas familias. Horarios (cada familia debe indicar o día de preferencia e será a piscina a que estableza o horario e grupo que lle corresponde).
DIA ESCOLLIDO: ____________________
*O desprazamento para asistir á piscina de Padrón e de Brión corre a cargo de cada familia
DATOS PERSOAIS DO ALUMNO/A
1.-NOME E APELIDOS (alumno/a): _____________________________________________ 2.-DATA NACEMENTO:____________________
3.-CURSO: ___________________________4.-TELÉFONOS DE CONTACTO:___________________________________________________________
5.- E-MAIL:__________________________________________________________________________________________________________________
6.-OBSERVACIÓNS(Alerxias..):__________________________________________________________________________________________________
________________________________________________________________________________________________________________________________
ESTA SOLICITUDE PODE PRESENTARSE ATA O 21 DE SETEMBRO. (PEDÍMOSVOS RAPIDEZ NA PRESENTACIÓN PARA PODER CONFIGURAR CANTO ANTES OS GRUPOS)
- APIs de Blogue
- Versión para imprimir
- PDF version