Comunicado sobre o horario do centro. 23 de xullo
COMUNICADO SOBRE O HORARIO PARA O CPPI DOS DICES
Tras moitos días agardando unha información completa acerca do horario que vai ter o CPPI dos Dices a partir do próximo mes de setembro, no día de hoxe (23 de xullo de 2015) chegou unha información dende o Servizo de Inspección que indica o seguinte:
“Seguindo instrucións da xefatura territorial, comunícolles:
O vindeiro curso 2015-16 o horario do alumnado dese centro será o que se achega, tal como se lle informou no seu día.
Os luns e martes funcionará o servizo de comedor e haberá duas quendas de saida do transporte.
Para coñecer o horario completo do servizo de transporte deberá poñerse en contacto co Servizo de recursos educativos complementarios, como é habitual.
Saúdos.” E achega o seguinte modelo de horario:
INFANTIL PRIMARIA |
luns |
martes |
mércores |
xoves |
venres |
9:00-9:50 |
|
|
|
|
|
9:50-10:40 |
|
|
|
|
|
10:40-11:30 |
|
|
|
|
|
11:30-12:00 |
RECREO |
||||
12:00-12:50 |
|
|
|
|
|
12:50-13:40 |
|
|
|
|
|
13:40-15:40 |
|
|
|||
15:40-16:30 |
|
|
|
ESO |
luns |
martes |
mércores |
xoves |
venres |
|||||
9:00-9:50 |
|
|
|
|
|
|||||
9:50-10:40 |
|
|
|
|
|
|||||
10:40-11:00 |
RECREO |
|||||||||
11:00-11:50 |
|
|
|
|
|
|||||
11:50-12:40 |
|
|
|
|
|
|||||
12:40-13:00 |
RECREO |
|||||||||
13:00-13:50 |
|
|
|
|
|
|||||
13:50-14:40 |
|
|
|
|
|
|||||
14:40-16:40 |
|
|
||||||||
16:40-17:30 |
|
|
|
|
|
|
||||
17:30-18:20 |
|
|
|
|
|
|
||||
Ao non ser aínda unha información completa tratamos de confirmar todos os extremos (número de comensais, días exactos de comedor para cada etapa, horarios dos buses…) pero de momento non fomos quen de acadar esa información, xa que nos servizos correspondentes afirman non dispoñer dela. Así pois, procedemos a informar á comunidade educativa mediante este comunicado (ás alturas ás que estamos non dispoñemos doutro medio) para que a comunidade educativa coñeza as instrucións que no CPPI dos Dices estamos a recibir por parte da Consellería de Educación.
Rois, 23 de xullo de 2015
O director
Rodrigo Costoya Santos
Adxunto | Tamaño |
---|---|
comunicado horario 23_xullo.pdf | 80.94 KB |