O CPI dos Dices conta con Auxiliar de conversa en Lingua Inglesa

Lucia, a auxiliar de conversa en lingua inglesa, reforzará a aprendizaxe da lingua inglesa en todas as etapas educativas que se imparten no noso centro. O seu labor consiste en apoiar e mellorar as competencias do noso alumnado co seu traballo nas materias que se imparten en inglés dentro do proxecto de plurilingüismo, as seccións europeas e tamén na materia de lingua inglesa.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer