Formulario persoas socias 24-25
FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN DE PERSOAS SOCIAS ANPA SAN ISIDRO
A ANPA San Isidro é unha asociación de nais e pais de alumnado do CPPI Os Dices, Rois polo que soamente as persoas coa tutela legal do alumnado deste centro poden solicitar ser socias da entidade. Para poder asistir ás asambleas, ter voz e voto e acceder ao resto dos dereitos das persoas asociadas (consultar os libros de contas e de actas, formar parte das actividades que organice a asociación, facer peticións e propostas á Xunta Directiva, etc), é requisito imprescindible estar dado de alta no libro de persoas socias, polo que é obrigatorio cumplimentar o formulario seguinte e asinalo electrónica ou físicamente. Este formulario cumplimentarase unha soa vez para cada persoa socia, que quedará de alta ata que decida notificar a súa baixa enviando un correo electróncio a anpasanisidro@gmail.com ou ata que os seus fillos/as deixen de estar matriculados no centro escolar. Sempre que as persoas socias queiran modificar os seus datos poderán achegar un novo formulario.
Son datos obrigatorios o nome, apelidos, DNI das persoas proxenitoras que queiran ser socias, así como a súa sinatura e tamén o nome, apelidos e data de nacemento dos fillos/as matriculados no CPPI dos Dices. Acéptase tanto sinatura electrónica como manual.
Son voluntarios o enderezo electrónico e teléfono. Se non se cumprimentan estes datos a persoa socia non poderá recibir a información por estas canles e terá que consultala no taboleiro de anuncios do centro. Así mesmo, será de cumprimento voluntario o número de conta bancaria para as persoas socias que queiran domiciliar a cota anual. A cota é de 15€ por familia, independentemente de se se asocian un ou dous proxenitores e independentmente do número de fillos/as. As familias serán informadas previamente antes de realizar o cobro da cota en cada anualidade. No caso de que o recibo sexa devolto serán informadas e terán que realizar o pagamento mediante transferencia bancaria ou ingreso.
As familias que non queiran domiciliar a cota terán que facer unha transferencia ou ingreso de 15€ antes do 15 de decembro ao número de conta: ES4400497754342410029762 indicando no concepto o nome dun fillo/filla.
Ambos proxenitores poden cubrir e asinar formularios diferentes, pero só deberá constar un único número de conta por familia.
Os formularios teñen que ser enviados ao whatsapp 658 97 87 26 ou por correo electrónico a anpasanisidro@gmail.com (soamente a folla 2).
Esta web non permite subir arquivos en formato pdf, polo que se preferides o pdf en formato formulario para non ter que imprimilo, podedes solicitalo ao correo ou acceder a el no facebook da ANPA.
- APIs de Blogue
- Miniatura
- Versión para imprimir
- PDF version