1.- Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado de novo ingreso (infantil-primaria-eso), curso 2020-2021, en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes. A persoas que antes do estado de alarma, xa presentaron todos os papeles de admisión así como a documentación pertinente, xa non teñen que vir ao centro para o proceso de admisión-matrícula.
2.- As persoas que faltan por presentar os papeles de admisión, deberán facelo preferiblemente por via telemática, para así evitar contaxios e riscos innecesarios (mirar as instruccións para a presentación das solicitudes de admisión vía telemática, nos adxuntos). Adxuntar toda a documentación escaneada.
3.- APLICACIÓN PARA FACER A SOLICITUDE VÍA TELEMÁTICA: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:
Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita . Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.
IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualiar e descargar nesta aplicación).
Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
4.- Soamente en casos excepcionais a presentación da documentación será presencial. Para que todo funcione correctamente e así evitar quedar excluídos nas listas de admisión é preciso que entreguen todos os impresos debidamente cubertos e asinados, (mirar a documentación que teñen que aportar, nos adxuntos), (recorden que deberán traer vostedes as fotocopias, xa que o centro non fai copias).
Horario de atención: de 10 a 14 horas, no edificio de secundaria, por orden de chegada, soamente entrará un adulto para entregar a documentación, adoptando as medidas de seguridade pertinentes.
Teléfono de secretaría: 886 12 00 22
5.- A todo o alumnado que xa está cursando estudios no CPI DA CAÑIZA (infantil-primaria-eso), xa os matriculamos nós por defecto, polo tanto non precisan vir para o proceso de matrícula.
6.- PRAZO DE ADMISIÓN PARA O ALUMNADO DE NOVO INGRESO (INFANTIL-PRIMARIA-SECUNDARIA):
do 11 ao 18 de MAIO (ambos inclusive) (via telemática preferiblemente)
7.- PRAZO ORDINARIO DE MATRÍCULA PARA O ALUMNADO DE NOVO INGRESO (INFANTIL-PRIMARIA-SECUNDARIA):
do 1 ao 10 de XULLO (ambos inclusive) (presencial)
8.- PRAZO EXTRAORDINARIO DE MATRÍCULA PARA O ALUMNADO DE NOVO INGRESO DE SECUNDARIA QUE REALIZA EXAMES DE RECUPERACIÓN EN SETEMBRO
do 1 ao 10 de SETEMBRO (ambos inclusive) (presencial)