A Consellería de Educación acaba de convocar un total de 682 prazas en estadías de formación lingüística en lingua inglesa para alumnado de ESO e Bacharelato. O prazo para inscribirse estará aberto ata o vindeiro 29 de abril.
A actividade esta subvencionada, polo que as familiar aboarán só unha parte do seu custe real, en función da súa renda. Deste xeito a achega máxima das familias con máis recursos será da metade do custe real da actividade, mentres que as nais e pais con menor capacidade económica aboarán só unha oitava parte.
A convocatoria pode consultarse no seguinte enlace: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160328/AnuncioG0164-160316-0003_gl.html