Skip to Content

CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE ORIENTACIÓN.

O pasado mércores 11 de Marzo, 39 alumnos do CPI da Cañiza participaron no Campionato Provincial Escolar de Orientación. Desprazámonos ao Parque Deportivo Mercantil da cidade de Pontevedra, e competían 300 alumnos de 8 colexios da provincia.

 

A orientación é un deporte relativamente novo, que consiste en facer unha carreira cun mapa e un compás, no que hai marcados uns puntos de control que os competidores teñen que atopar e marcar nunha tarxeta que levan, na orde en que te indique o mapa. Na realidade, o punto de control é unha baliza branca e laranxa de aproximadamente 30 cm, cun código e unha pinza que deixa unha marca característica.

 

Os rapaces pasárono xenial: correndo e pensando, calculando rutas e perdéndose polo monte! Todos tiñan algunha anécdota que contar. E os resultados foron realmente bos para o noso centro, destacando tres podios nas categorías infantís:

 

JENNIFER DOMÍNGUEZ ROCHA , primeira na categoría infantil feminino.

GRACIELA GONZÁLEZ GREGORIO, segunda na categoría infantil feminino.

JACOBO ESTÉVEZ RODRÍGUEZ, terceiro na categoría infantil masculino.

 

Outros resultados tamén moi meritorios foron:

Das doce primeiras clasificadas na categoría infantil feminino, oito foron do noso cole: Sheila González, Érica Gómez, Uxía Fernández, Sofía Álvarez, Sara González e Sofía Faílde.

 

En infantil masculino: Xosé Fernández quedou quinto, Ález Álvarez sétimo e Carlos Gesteira oitavo.

 

E en cadete masculino Eloy González acadou un fantástico quinto posto e Adrián Philipp quedou sétimo.

Preme na seguinte ligazón para ver o vídeo

PARABÉNS A TODOS!

 

 



portada | by Dr. Radut