Skip to Content

CONCURSO PILABOT (RECOLLIDA DE PILAS E ACUMULADORES)

O CPI da Cañiza vai participar no concurso "PILABOT" para fomentar a recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles: pilas de botón e estándar, baterías de mandos a distancia, teléfonos móbiles, computadores portátiles, xoguetes eléctricos, etc. procedente das familias do alumnado e do persoal do centro.

Para traer as pilas, os rapaces levarán unha caixa facilitada polo profesor correspondente, Todo o material será depositado nun contedor colectivo situado nun lugar visible e de fácil acceso para o alumnado.

Agradecemos de antemán a vosa colaboración para acadar que o alumnado tome conciencia sobre a importancia da reciclaxe das pilas.

Un saúdo



portada | by Dr. Radut