Skip to Content

FIN DA OBRIGATORIEDADE DAS MÁSCARAS

O Consello de Ministros aprobou esta mañá (BOE nº 94, mércores 20 de abril) o fin da obrigatoriedade de uso da máscara en espazos interiores, con algunhas excepcións. Polo tanto, deixa de ser obrigatoria nos centros educativos. 

A partir deste momento, cada quen (familias, alumnado, profesorado e resto de traballadores do centro) decidirá se quere ou non seguir levándoa, pois que deixe de ser obrigatoria non implica que haxa que quitala necesariamente.

Por outra banda, a Xunta de Galicia recomenda, por principio de prudencia, que a máscara se siga levando no interior dos centros escolares. Pero é unha recomendación, non unha obriga.

No noso centro seguiremos mantendo outras medidas recollidas nos anteriores protocolos, especialmente as referidas a distancias de seguridade e ventilación.

A dirección

 

AdxuntoTamaño
BOE-A-2022-6449.pdf211.63 KB


portada | by Dr. Radut